Os Camiños de Santiago

DSC_0001
Os Camiños de Santiago

De un día para outro, apareceron na beira do río Limia estes sinais indicativos do Camiño de Santiago. Nin o...

De un día para outro, apareceron na beira do río Limia estes sinais indicativos do Camiño de Santiago. Nin o máis vello do lugar tiña a menor idea de que a vía xacobea pasara por aquí; é máis, a pista nin sequera ten cincuenta anos, sendo construída cando se levou a cabo a canalización do río, ó seu paso pola vila. Dicía un profesor meu —e iso que era cura— que se xuntaran tódalas cruces que se veneran como parte da verdadeira cruz, non chegaría un tren para transportalas. En San Clodio de Leiro, sen ir máis lonxe, hai unha delas. Da a impresión de que estes falsos sinais, que asoman como os cogordos nos lugares máis inesperados, superan con moito a ditas cruces. Algúns alegarán, con todo, que, se tódolos camiños conducen a Roma, por que non han de levarnos tamén a Santiago. Eu encóntrolle algo positivo: como ando por este tramo con certa regularidade, vou facer o cálculo de que, se recorro cada vez os oitocentos metros que o tramo ten, en pouco tempo chegarei a gañar o xubileo sen saír de Xinzo. Pero pícame a sospeita de que, como non teño coincidido con ningún peregrino auténtico, non sexa todo máis que unha broma.