6 de noviembre de 2013, 19:30
ARACELI LOSADA LAMAS
Chámome Araceli, teño 34 anos e vivo en Rial de Sabucedo (Porqueira).
Estudiei E.X.B. e a E.S.O. para adultos, tamén comecei a facer un Ciclo Medio de Xestión Administrativa e fixen varios cursos de formación continua.
Son unha persoa con discapacidade intelectual e membro da Asociación LIMISI (asociación de persoas con discapacidade intelectual da comarca de A Limia), tamén estou afiliada á O.N.C.E. porque teño unha discapacidade visual.
O meu soño sempre foi ser xornalista (nun vídeo llamado DISCA...QUE? xa me estreei) e agora teño esta oportunidade de colaborar neste xornal dixital e non penso desaproveitala. O tema que tratarei será prinicpalmente servizos sociais, ademais representarei a Asociación LIMISI contándovos as súas novas.
Espero que disfrutedes da miña sección!