Castelao e o Chavelleiro

Dereito e razón
Castelao e o Chavelleiro
LUIS VELOSO Acabo de ler a entrevista que lle fan ó noso alcalde de Xinzo no diario La Región, e dende...
LUIS VELOSO

Acabo de ler a entrevista que lle fan ó noso alcalde de Xinzo no diario La Región, e dende logo que non deixa a un indiferente. E se nos fiamos polo titular, a verdade é que son moi convincentes os seus argumentos. Dende logo que o que é a min convéncenme, sobre todo porque eu sempre adoito pensar que todo o mundo di a verdade, posto que non hai motivo para dicir o contrario, se non é en “lexítima defensa”.

Ó rematar veume a cabeza un dos debuxos do patriarca galego Castelao, de ala polo 1924, xa choveu dende aquela, pero que ven que nin pintado para a situación actual do alcalde.

Como poden apreciar no debuxo, un home do pobo dille o que podería ser o cacique:

“VOSTEDE TERÁ MOITO DEREITO, PERO EU TEÑO MOITA RAZÓN”

Xa naquel tempo, hai case 100 anos  sucedía o que lle pode suceder o alcalde. Parece ser que el ten toda a razón en todos estes líos. Pero, primeiro, na súa controversia co secretario e a súa adxunta, os argumentos non son aceptados pola xuíz, pero si os mesmos dende a parte contraria. Loxicamente é unha palabra, a do alcalde por un lado, e a dos outros por outra. Algún dos dous non está no certo, pero a xustiza xa parece que a uns lle da razón, e ó outro non.

Tamén, e se analizamos o sucedido cos xuízos de Ourense, ningún dos xuíces do contencioso administrativo dixeron que a razón a tiña o alcalde, por iso está onde está.

Isto lévamos a pensar que a xustiza, neste e noutros países, sobre todo neste, as resolucións xudiciais non dependen moito dos feitos, se non de como se presenten eses feitos, e neso teñen moito que ver os avogados. Normalmente a solución é directamente proporcional a categoría dos mesmos e loxicamente ó custe, e se non que llo pregunten ós  ex –directivos das caixas , están todos polas rúas. Así como os políticos e pseudo-políticos, pero se un rouba 1.000 euros e o defende un avogado de oficio xa sabe o que lle queda.

Alcalde, polo ben de Xinzo, pola súa gobernabilidade e polo noso futuro  como pobo, e porque sinceramente non che desexo nada malo, espero que teñas moito dereito, aínda que non teñas  ningunha razón, porque do contrario unicamente quedarás  en paz contigo mesmo, pero non che valerá de moito.