Cicerón tiña razón

Cicerón tiña razón

cicerónGrande e dificultosa tarefa é falar onde todos calan porque notarán con máis agudeza os defectos que as virtudes.

Marco Tulio Cicerón (106 AC-43 AC)

A oratoria, entendida como a arte de falar en público con elocuencia, ten a finalidade de persuadir ou conmover a quen nos escoita. Esta incrible arte é tan antiga coma o ser humano, tan perenne como a razón e tan complexa como a mesmísima lóxica aristotélica.

Cicerón, ao que moitos consideran o pai da oratoria, afirmaba na primeira parte dos Diálogos do orador, que "no orador pídese a agudeza dos dialécticos, as sentenzas dos filósofos, o estilo dos poetas, a memoria dos jurisconsultos, a voz dos tráxicos e o xesto dos mellores actores". Resulta complexo, por tanto, converterse nun orador brillante, pero non por iso debemos ignorar a curva de aprendizaxe que podemos ter por diante.

Ademais, nunha sociedade globalizada como a nosa, os medios de comunicación constitúense como centro neurálxico do intercambio de información. O proceso comunicativo xa non se reduce ao emisor, o receptor, a canle, o código e a mensaxe. A complexidade de canles e códigos, unido a outros elementos como o constante feedback, a multiplicidad de impactos e a importancia da inmediatez na comunicación dixital, obrígannos a recuperar os vellos ensinos de Cicerón, Aristóteles ou os antigos sofistas, nun intento de adaptarnos a esta nova sociedade da información.

Neste contexto, comeza a haber institución que ofrecen ferramentas para achegar a comunicación verbal e non verbal á sociedade, sen esquecernos da importancia dos medios de comunicación.

A Fundación Venancio Salcines, en colaboración coas universidades públicas galegas e con Escola de Finanzas, pon a disposición dos estudantes universitarios galegos a posibilidade de introducirse no mundo da oratoria con 200 bolsas para o Curso de comunicación verbal: oratoria e media-training.

Mais falar en público non é algo que só se poida aprender na época universitaria. Escuela de Finanzas organiza o mesmo curso, dirixido a tódolos públicos, para que a comunicación verbal deixe de ser a nosa asignatura pendente. Atopa máis información no seguinte enlace: http://escueladefinanzas.edu.es/cursos/cursos-y-seminarios/curso-de-oratoria-2/

Que razón tiña Cicerón!

41