Coche eléctrico, conectado e autónomo.

182
Coche eléctrico, conectado e autónomo.

Neste momentos estase a producir unha importante revolución tecnolóxica no sector da automoción, e despois de que Tesla anunciara que comeza a vender os seus coches en España, que casualmente coincidiu co anuncio dunha alianza entre BMW, Ford, Volkwagen e Daimeler para crear unha rede de supercargadores para os seus coches eléctricos, é un bo momento para falarmos destes cambios.

179Esta evolución estase producindo fundamentalmente en tres aspectos, que as veces tenden a misturarse e confundirse cando se fala do coche do futuro e que creo cómpre analizar separadamente, son o coche eléctrico (referido á motorización), o coche conectado (sobre as comunicacións) e o coche autónomo (condución sen intervención directa do condutor).

Vamos por partes, o primeiro coche totalmente eléctrico que chegou a ter algún éxito, chamado EV1 e fabricado por General Motors, xa percorría as estradas de USA na década dos 90 do século pasado. Fabricáronse 1.117 unidades, pero curiosamente e a pesar da satisfacción dos usuarios, o programa foi cancelado en 2003 e posto que os coches so se ofrecían en aluguer, estes foron retirados da circulación e achatarrados, excepto algunhas unidades que previamente desactivadas foron a parar a museos e institucións académicas. Por suposto esta cancelación alimenta todo tipo de teorías conspiranoicas.

A partires deste momento, entrouse nun período escuro en cando ao desenvolvemento de coches eléctricos, con diversos e variados problemas, entre os que destaca un relativo á patente das baterías NiMH controlada ata decembro de 2013 pola petroleira Chevron que era a tecnoloxía naquel momento mais adecuada para integrar nos vehículos eléctricos pero que os fabricantes de coches non podían utilizar.

Con todo fóronse introducindo os coches híbridos, mais timidamente en Europa que en EEUU, e agora xa ninguén dubida que os puramente eléctricos están aquí e veñen para quedarse.

181Son moitas as vantaxes obxectivas que teñen pero tamén hai algunhas sombras que se deben ir disipando. As cidades definitivamente non sufrirán a contaminación directa da circulación dos vehículos de combustión, pero cómpre preguntarse, entre outras cousas, se están as redes eléctricas preparadas para cargar un parque de coches eléctricos similar ao actual, onde e con que medios se xerará esa electricidade, a onde irán a parar as baterías retiradas.

En canto ao coche conectado, que xa está aquí, pois aínda que todas as marcas ofrecen moitas utilidades orientadas sobre todo a comunicarnos co vehículo, hai outras interesantes e importantes cuestións por desenvolver neste eido, e diso e do vehículo autónomo aproveitando que Uber estreou o seu coche sen condutor na cidade de San Francisco, aínda que por problemas legais, que non tecnolóxicos, tivo que suspender a proxecto, podemos falar en sucesivos artigos.

Manuel Pozo Fariñas