Crowdfunding

CROWDFUNDING, NOVOS XEITOS DE FINANCIAR O AUDIOVISUAL

Non sei se moitos de vós tedes escoitado ultimamente o termo “Crownfunding”. Eu, dende logo, non deixo de escoitalo continuamente.

A palabra en si significa finacimanento colectivo, como din os propios termos que o compoñen: “Crowd”: multitude en inglés, e “funding”: financiamento. É dicir, “crownfunding” significa que a masa, o público é quen paga unha obra (audiovisual neste caso).

Antes, antes de toda esta crise, esta falla de subvencións, esta falla de investimento privado e falla de cartos en xeral, unha obra audiovisual financiábase, normalmente antes de facela, mediante un presuposto pechado que se compuña das aportacións de capital da produtora ou produtoras que participaban nela e na subvención que acadara. Agora, como non hai subvencións e as produtoras non teñen cartos, moitos dos “valentes” que se lanzan a facer unha obra audiovisual fano pedindo directamente os cartos a todo aquel que lle apeteza participar co seu graíño de area. Colgan o seu proxecto nunha das moitas plataformas que ofertan albergar un crowdfunding como verkami.com o kitfund.com. Unha vez dada algo de información ofértaselle ao público a opción de donar ou invertir (segundo como se vexa) unhas cantidades determinadas (dende 50 a 1000 euros por persoa, por exemplo; dende 10 a infinito, etc), a veces cun límite, a veces ilimitadas. Tamén se adoita poñer una cantidade total a acadar, a cantidade necesaria para levar a cabo esa produción, e un prazo límite para elo, que adoita ser dun mes ou un ano para producións máis grandes. Algúns proxectos ofrecen isto coma unha inversión cando para certas cantidades aportadas ofrecen un tanto por cen dos beneficios económicos obtidos pola peza, de feito que te convertes directamente en co-produtor da obra.

Algúns crowdfundings están limitados a aportacións persoais, algúns abren tamén a súa colaboración a empresas; algúns son anónimos, outros prefiren identificar aos “donantes” para que se lle recoñeza o seu mérito; algúns piden simplemente cartos, mentras outros recompensan dalgún xeito a aportación (cunha aportación dunha cantidade X regálanche unha camiseta do filme, con outra cantidade unha entrada para a estrea, unha camiseta e unha copia en DVD...), etc. É dicir, as opcións son ilimitadas, xa que quen fai o proxecto decide que normas por no xogo. Só se necesitan dúas cousas: un proxecto que necesite cartos, e xente que queira dár cartos para un proxecto.

Este verán tiven a oportunidade de participar nun filme financiado a través de crowdfunding “9 Olas” (Simone Saibene, El Cercano), pechado únicamente a donantes particulares e rodado na provincia de Ourense en case a súa totalidade. O próximo verán terei a oportunidade de facer o mesmo con “Las Brujas de E´lente” (Simón Vázquez, Lutra Films), que se realizará no concello de San Amaro, Carballiño e o seu crowdfunding estará aberto á participación de empresas e particulares . Ámbalas dúas son producións de baixo presuposto que, de non ser polo crownfunding, non poderían chegar a realizarse.

Así, vemos que aínda que tódolos elementos estén en contra, cun pouco de creatividade, vontade colectiva e moito moito traballo, hai pequenas iniciativas coma o crowdfunding que fan a vida do panorama audiovisual algo máis doada. Mentras haxa persoas dispostas a investir unha pequena cantidade en arte e apostar pola cultura como motor dunha sociedade. Así que xa sabedes, a colaborar e apoiar á creación autóctona!