DAMA AUGA E INTERFACE

DAMA AUGA E INTERFACE

Chegou un día e a Dama tiña a necesidade de transportarse no tempo, no espazo. Tiña que facer acto de presencia nese lugar, época e estado, nese preciso momento, como era de supoñer, botou man da súa interface fotónica.

Coa sua pel limpa, sumerxiuse no cilindro de transporte, cheo do elemento que ela mellor recoñecía, a Auga.

Nas súas paredes cilíndricas íanse representando imaxes aparentemente humáns, imaxes con formas tridimensionais e subrealistas das persoas que estaban agardando por ela no outro extremo.

Imaxes cargadas de erxias circulares, como burbullas que ascenden ata a superficie, activando os Átomos de Hidróxeno e Osíxeno que compón este Elemento, a Auga; configurando unhas ondas verticais, como se quixeran atopar o seu estado nivelínico

Na súa ascensión percorrían toda a súa pel espida, a súa pel, o seu máis grande órgano dirixida con esos impulsos do corazón.

As burbullas fotoionizadas transmitíanlle datos e códigos que percorrian a súa pel, acoplándose sentemento, imaxinacion, todo un equipo de erxia fotónica, onde o Elemento principal de transporte é a Auga.

Sentir a necesidade, imaxinar o lugar a onde queremos ou temos que viaxar e a interface da Auga, trasmutara toda a nosa materia en códigos fotónicos e, transportándonos ó novo destino, a ese lugar que a túa mente, a tua imaxinacion, ordene.

A tarefa non vai ser sinxela, posiblemente teremos que comezar no parvulario, teremos que comezar de cero, pero se é necesario, se realmente é necesario comezaremos, ata aprender a utilizar e respetar este Elemento imprescindible para a Humanidade.

Coidala, escoitala, apreciala, querela, sentila, sí sentila, posto que as persoas que están en harmonía cos cinco Elementos, coa Terra, co Aire, co Lume, coa Madeira e coa Auga, atoparase nese estado Nivelínico, nese estado Nivelado onde todos queremos estar.

Hoxe no Día Internacional da Auga, Respetémola, Honrémola, xa que sin ela, non teriamos outro Día para celebrar, non teriamos Día da Nai, nin do Pai, nin do Amor, nin do cocido, nin da Árbore, nin o día de nada, posto que sin ela non teremos Vida.

Primavera do 2015.

____________________Toño Monteiro___________