Detido un home de nacionalidade lusa por roubar nun almacén de mobles en Bande

Detido un home de nacionalidade lusa por roubar nun almacén de mobles en Bande

O ladrón foi detido nun bar de Calvos de Randín despois de apoderarse de varios efectos

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Cando faltaba quince minutos para as dúas desta madrugada A.G.F. un cidadán portugués de 41 anos rompía a cristaleira dun almacén de mobles en Bande para subtraer varios efectos. Despois de que saltase a alarma, a propietaria avisaba á Garda Civil que localizaba ao autor dos feitos nun bar de Calvos de Randín.

Así, este veciño luso está detido como presunto autor dun delito de roubo con forza do que xa se ocupa o Xulgado de Instrución de Bande.