Documental “Viaje al fin de la noche” con sabor limián

1462885_673245379376477_184559491_n
Documental “Viaje al fin de la noche” con sabor limián
ALBA PROL CID Este luns 18 de novembro preestreouse no Ourense Film Festival (OUFF) o documental “Viaje al Fin de la...

ALBA PROL CID

Este luns 18 de novembro preestreouse no Ourense Film Festival (OUFF) o documental “Viaje al Fin de la Noche” sobre a mítica banda de rock ourensá Los Suaves. Seguido deste evento, estrearase oficialmente dous días despois na sala We Rock de Madrid. Estas estreas coinciden co lanzamento do novo disco dos Suaves: un libro-disco con tres CDS: un disco de temas en directo gravados durante a Xira dos Mil Concertos, con éxitos de toda a súa carreira de máis de 30 anos no mundo da música (e algunhas cancións que levaban moitos anos sen tocar), un concerto de concertos da xira dos Mil Concertos gravado en vídeo por salas de toda España, e o documental “Viaje al fin de la Noche”.

Raúl García (A Bola, Celanova) ofreceume formar parte deste produto audiovisual a principios do ano 2013 cando comezamos a traballar xuntos noutros proxectos e aceptei encantada, pois sempre me gustaron os Suaves e ademais me parecía unha iniciativa moi interesante. A idea do documental estaba no aire e dentro da cabeza de Raúl dende un principio, pero o primordial naquel momento era gravar a xira dos Mil Concertos.  Puxémonos a elo e chegados a un punto xurdiu a idea por parte do grupo de reunir a tódolos ex compoñentes nun concerto-reunión como colofón e evento final desta Xira dos Mil Concertos. Cando o director da peza coñeceu este feito xa tivo o leit motiv que necesitaba para dar o paso e facer ese documental que tiña en mente e así, esta obra foise facendo, pouco a pouco, concerto a concerto, con moitos quilómetros de carreteira de por medio e moita ilusión.

Pouco a pouco a experiencia de irme de xira cuns dos meus grupos rockeiros favoritos foise convertindo en inolvidable (bueno realmente xa o foi dende o primeiro día, no que me acolleron na “familia” coma a unha máis) e ata acabamos celebrando todos xuntos o meu cumpreanos no concerto da xira en Bilbao cunha tarta de gominolas no backstage.

Onte presentamos por primeira vez ante o público o documental que gravamos con eles e saiu á venta o triple DVD. O público está tendo unha resposta moi positiva, parece que o noso traballo está chegando aos corazóns dos fans e facéndoos achegarse un pouquiño máis a este grupo de artistas, a mellor recompensa que podiamos ter. A verdade é que cun público así de entregado e fiel, os produtos que lanzan os Suaves teñen o éxito garantido; o equipo deste triple DVD da Xira dos Mil Concertos (limiáns e celanoveses) só esperamos estar á altura.