DOUS GERIFALTES NA SAINZA

DOUS GERIFALTES NA SAINZA

Co gallo do catrocentésimo cabodano de Cervantes, o presidente da Real Academia Galega facía na Voz de Galicia unha incursión na política nacional a partir dunhas páxinas do Quixote. Asertaba que os clásicos non pasan de moda e dannos clase porque sempre teñen clase.

42A gran novela de Cervantes é unha fonte de sabedoría na que sempre atopamos coincidencias ca realidade na que vivimos. Se X. Alonso Montero insistía na renuncia de Sancho a gobernar a insua Barataria cunhas verbas, alimento dalgúns e vergoña de moitos ; agora traio a colación outras palabras que Don Quixote lle dirixe ós duques, neste caso, antes de acometer Sancho tal empresa:

\“Ya por muchas experiencias sabemos que no es menester ni mucha habilidad ni muchas letras para ser gobernador, pues hay por ahí ciento que apenas saben leer, y gobiernan como unos girifaltes; el toque está en que tengan buena intención y deseen acertar en todo, que nunca les faltará quien les aconseje y encaminen en lo que han de hacer, como los gobernadores caballeros y no letrados , que sentencian con asesor\”.

Nin que Cervantes coñecese á gobernadora do concello de Rairiz de Veiga, que dende o minuto menos un sentencia con asesor. Tamén apunta maneiras de estar gobernando coma un gerifalte (conforme a acepción terceira da RAE). A prevaricación e a malversación segue asexando polas Terras de Todea . A sombra do Meteorito é alongada .

Quen sacará á María Asunción da man dos caldeos? . A oposición ameaza con visitar á xudicatura . Ós tres da súa lista , que incluso foron cualificados de díscolos, vai ser difícil darlle outra vez o mico. Músicos e fogueteiros queren os seus cartos .

Caerá o Meteorito da Torrecha ? De momento é o gerifalte ( conforme á acepción cuarta da RAE) do panorama. Non é consciente de que cada cousa ten o seu tempo; e non hai que excedelo. Polo que está saíndo á praza, a súa actitude dáse de couces ca doutro personaxe cervantino : a do xastre do cantillo que cosía de balde e puña el o fío. Pola contra parécese máis aquel feligrés do meu tío, coñecido coma o Villalón . Non entendían os do pobo onde estaba a ganancia cando mercaba as patacas a cinco pesetas e as vendía a catro pesetas. Pero el explicábao moi ben : \“ o Villalón cobrar si pero pagar non\”.

……. os clásicos non pasan de moda .

Ilduara de Güterri