De case heroes poderiamos cualificar ás persoas emprendedoras que son capaces, nestes tempos en que todas as novas nos medios de comunicación son Ertes, Eres, paro, etc., de mudar o chip e botar “o mundo ás costas” para emprender un novo negocio.
Este é o caso de Iván e Carlos, Carlos e Iván, que dunha maneira case artesanal, realizando a metade das obras de acondicionamento do local co seu traballo; converteranse a partir deste luns en artesáns tamén dos xeados. Aínda que un pouco tarde -non pola súa culpa-, senón pola burocracia de empresas, que no canto de axudar o único que lles importa é cobrar por enganches, con case dous meses de atraso; inaugúrase este luns a primeira xeadería propiamente dita na nosa vila.
Xeadería con produtos totalmente artesanais como son os que ofrece a franquía ourensá "La Central Heladera”.
Durante un par de horas esta mesma tarde utilizáronas para convidar aos máis íntimos a unha degustación dos afamados xeados, así como “gofres e crepes”, que seguramente serán os produtos estrela de LCH-Xinzo. Segundo puidemos saber, todo saíu ben e todo foron felicitacións e parabéns.
A apertura será este luns con degustacións, seguindo as estritas medidas COVID desde as 18:00 ás 20:00 horas.
Felicitacións a estes heroes que son capaces en momentos tan difíciles de botarse á rúa, neste caso á Praza Maior de Xinzo.