ENTROIDO XINZO: Carrozas, charangas e chiringos

ENTROIDO XINZO: Carrozas, charangas e chiringos

Despois da reunión multitudinaria levada a cabo na casa  da cultura  do venres e tratando de menterme fora do asunto, como un mero espectador, que encima non é de Xinzo, pero xa leva visto de todo, sería que o entroido en vez de catro días mais os fins de semanas anteriores debería de  comezar  a mediados de xaneiro e tería que rematar alá por marzo.

Explícome: Despois de escoitar as diferentes opinións, non hai unas propostas que poidan ser executadas nin no mesmo  tempo, e menos no mesmo espazo físico. Todos teñen as súas razóns e todos teñen os seus argumentos, que si os asilamos, serían auténticos, pero claro, suponse que todos teñen o dereito a realizalos  os mesmos días, e ahí está o problema. No único que todo o mundo está de acordo, como principio é que o entroido de Xinzo, como di o seu slogan é UN SENTIMENTO. Menos mal que en algo se está de acordo. Pero claro o sentimento é unha cousa tan íntima e individual, que uns queren ese sentimento partindo de fai 50 anos. Outros quéreno a partir de fai 25 e como non, o sentimento tamén teñen dereito a telo os que contan tan sóoo con 15 anos, e ahí está o problema. Hai que saber conxugar os sentimentos dos que viviron un entroido con cantigas de bar e parodias na praza, a os que os seus recordos comezan coa carroza do “Nito” e chegaron a adolescencia coas charangas(non coñecen outro) e os últimos que ven o entroido como algo tan sinxelo como divertirse cada un como quere. E este como quere siñiifica beber, beber, e beber ata non poder…..

O que poida gobernar estes sentimentos todos xuntos, ou é o frautista de hamelín ou alguén parecido.  Tamén hai aqueles que queren por unha normas de obrigado cumprimento, penso que totalmente errados, posto que, si o entroido consiste na rotura coas normas cotiáns¿Como se poden por normas, si do que consiste é de todo o contrario?.

Non óbstante algunhas cousas quedaron no ambiente para outras reunións que poidan por algo de cordura de cara a anos vindeiros. O que si realmente quedou claro é o de que o entroido é algo vivo, que non pode quedar estancado e tense que adaptar os novos tempos e ningunha orde poderá ser ben acollida por a maioría, polo que a cuestión será non normas si non recomendacións, e algunhas si foron  propostas e se poderán levar a cabo, sempre e cando haxa condescendencia por todas as partes enfrontadas neste momento soamente en opinións.

La biblia actual dice  ,”En la noche del Carnaval todo vale”