ESPOSICIÓN CULTURAL DO BOSQUE MÁXICO

ESPOSICIÓN CULTURAL DO BOSQUE MÁXICO

Como cada dia comeza todo, ouvo un dia que comezou un proxecto para protexer e disfrutar da Natureza dunha forma sana e nivelada, o lugar elexido atopase aiqui dende mais ala de onde se perden os tempos, un espazo que po la sua xeografía está acondicionado para o positivo desenrrolo do ser human, acompañado de toda a sua biodiversidade; O Bosque Máxico.

Xa os nosos ancestros deixaron vestixios palpables da sua cultura, da sua forma de vida en cordial armonía coa Natureza, o Human vivía xungido po la axuda, polo sentemento que os levaba cada dia a supervivencia.

Daquela a oxe, cambiaron moitisimo as tornas, so temos que levantar a cabeza e mirar o noso arredor, poderemos comprobar de que viaxamos no tempo a tal velocidade que xa nin nos queda tempo de ser nos mesmo, a inercia a que estamos atraídos trasmutounos nuhos seres cuxos pilares son a producción e o consumo ilimitado.

Cando nos daremos conta de que mais consumo non significa mais felicidade; deberíamos atopar outro estilo individual e colectivo de vida, teremos que percibir esa necesidade comezando co respecto a nos mesmos, seguindo por recuperar todos esos valores Humáns, tan lóxicos e imprescindibles para o correcto desenrolo da vida.

O Bosque Máxico é unha forma de transmitir á Humanidade a trabes de esos Debuxos e Fotografias a necesidade que temos de ser máis sensibles e conscientes para poder manter ese nexo de unión coa biodiversidade.

O Proxecto de O Bosque Maxico é a simple lóxica de que a Terra é un gran organismo que non depende de nós, , pero nós si que dependemos de Ela.

Protexamos e coidemos a natureza, acoplémonos a ese estado nivelado, ese estado nivelínico onde o humán e o natural é un so Ser.

Esperemos que aínda estemos a tempo e que a Terra permita seguir ás vindeiras xeracións coa irrenunciable tarefa da sostenibilidade, de unha maneira Sana, Limpa e Natural.

Coidemos hoxe a Natureza, para que mañá ela, poida coidar de nós.

Dende O Bosque Máxico.

_______________________________Toño Monteiro________________