Esquecemento si, Esquecemento non...Cando…Onde

Están tolos estes romanos
Esquecemento si, Esquecemento non...Cando…Onde
LUIS VELOSO Dende o día seguinte de rematado o Esquecemento 2013, tiña claro cal ía ser a miña seguinte colaboración, e...
LUIS VELOSO Dende o día seguinte de rematado o Esquecemento 2013, tiña claro cal ía ser a miña seguinte colaboración, e máis despois de ver o que a nosa colaboradora recente Adriana, nos informaba de todo o que pola rede se falaba do mesmo. O mesmo luns polas rúas se me preguntou, que opinaba do Esquecemento deste ano, como bo galego, dependía de quen fora o meu interlocutor, para preparar a resposta. Se o interlocutor era un propietario dun bar dos da rúa dos viños, había para todo uns, que si estivo moi ben, pero que en outro momento, posto que non deron atendido a todos aqueles que quixeron acercarse a Xinzo este fin de semana. Dicía que mellor outro, para que viñera a mesma xente, que este xa había dabondo. Seguro que si non fose o esquecemento habería a mesma xente? (CANDO). Se por outra banda o interlocutor era algún dos participantes do campamento, tíñano claro, moito mellor que en edicións anteriores, pero… o sitio non era nin moito menos o adecuado. A verdade e que as condicións hixiénicas e de exposición ao sol eran do peor que se podían escoller. Non tanto así o lugar , que case se cegaba sen querer, despois do paseo pola rúa dos viños, entre os chiringuitos. Xa fixemos referencia neste mesmo dixital do cabreo de algúns participantes de no poder estar no Toural. (ONDE) Se o interlocutor pertence a outros establecementos que non son de hostalería os comentarios son tales como: “no mes de agosto non fai falta isto”; “xa hai xente de abondo”; “só hai botellón” etc.. (NON) Quedan aqueles moi de Esquecemento, que tamén os hai que dixeron que viñeron a Xinzo durante o fin de semana, moita mais xente que nas festas patronais… tampouco están fora de razón. Estes critican que o Concello de o do de peito, por unhas festas para as que ninguén queda na vila e non se volque da mesma maneira con esta festa. (SI) Coma sempre en Xinzo, a polémica está servida e claro como outras moitas cousas non se poden facer, hai que falar de algo nas largas tardes de verán. Ademais este noso pobo de Xinzo sempre foi moi afeito a todo tipo de polémicas, se non que llo pregunten aos que foron as reunións sobre o “Entroido”, do que ninguén fala mal, pero que cada un quere un Entroido para si…. “Cousas veredes, amigo Sancho”.