FALTAN 10 MESES.

referendum
FALTAN 10 MESES.

LUIS VELOSO. Pouco se moveu o panorama político na Limia, dende o pasado mes, sobre todo contando que este mes de...

LUIS VELOSO. Pouco se moveu o panorama político na Limia, dende o pasado mes, sobre todo contando que este mes de agosto, nin os calores, fan que a temperatura política suba un solo grado. No que respeta a Xinzo, as noticias que chegan é que Paco e Tere, xa anunciaron que eles non volverán a tomar parte nas eleccións. E non nos estraña, como xa dixen na entrega anterior. Paco, parece que ten moito traballo como médico(a súa profesión) mais días e lonxe desta terra. Tere(INEM), como lle coñece, xa fai bastante tempo que mudou a súa residencia habitual para Ourense, polo que, Xinzo, parece que non é a súa primeira opción. O que si parece que se está movendo xa por estas terras é a “agrupación”, “futuro partido” ou o que sexa que vaia ser PODEMOS. Contan que tiveron a súa primeira asemblea no parque do Toural, fai aproximadamente unha ducia de días e que a cousa non foi tan numerosa como esperaban. Hoxe mesmo sabemos que a plataforma a nivel de Ourense ten problemas e xa hai enfrontamentos entre algúns dos seus compoñentes, algún deles, polas iniciais, parece ser desta terra. E polo que eu sei, a espera, como xa dixen na primeira entrega dunha “plataforma” a nivel de algúns concellos da provincia, entre os que se encontra a priori Xinzo, estase a cociñar, aínda que parece que os ingredentes xa están elixidos. Polo menos o nome e ó slogan, xa están escollidos. Solo falta a súa imaxe corporativa, que polo que sabemos tamén están a deseñar nun afamado departamento de deseño con moita presenza nos medios de comunicación ultimamente. Esperemos que na seguinte entrega seipamos e comuniquemos algo mais. CxC (Compromiso por Galicia) xa fixo un comunicado fai uns días que os seus candidatos serán elixidos en primarias entre os simpatizantes de cada zona, polo que toca esperar ó comezo do curso. Do PSOE, nada se sabe, simplemente que os votos que saíron de Xinzo para a elección do novo secretario xeral, non coincidiron co gañador.É de supoñer que isto non supoña moitos cambios na comarca. Con respeto a o PP, si sabemos de boa tinta,como se soe dicir, que o alcalde tomarase este mes para decidir o seu futuro, aparte de presentarse a Presidente do partido, que esa decisión xa tomou. Será elixido outra vez Presidente o dia 5 de setembro, sen ningunha candidatura en contra e cas mans libres para confeccionar a súa xunta directiva, que moito nos tememos non difira tampouco moito coa anterior e actual. Ata a próxima.