Faltan 10 meses

concello de xinzo
Faltan 10 meses
Continuamos coas series de artigos de cara ás minicipais de maio do 23

Dende o artigo do mes pasado, creo que algo xa se aclarou con respecto as eleccións municipais no concello de Xinzo.

Referinte ao PSOE, parece estar claro que Elvira Lama será a candidata a alcaldía, sobre todo por haber cumprido o obxectivo de gobernar durante estes tres anos dentro dun goberno cuatripartito, no que todos están de acordo, é que isto non soe ser doado.

Outra das cousas que a estas alturas parecen estar claras é a volta da “concelleira virtual” Montse Lama ao redil do PP, sobre todo despois da defensa que fixo no pleno anterior, do que xa falamos de abondo. Pero do que si non temos ningunha dúbida é que esta volta non será por Xinzo.(anunciouse o domingo)

AXIL, segue sobre os seus plans, e preparando a súa lista, que segundo o que puidemos aberiguar é que haberá incorporacións importantes na mesma. Fálase incluso dun “mirlo blanco”, que fará que aumente o número de votantes.

Tamén no BNG parece que vai haber cambio no número 1. Segundo fontes o primeiro da lista virá das terras do leste de Xinzo.

Do grupo XA liderado por Manolo Pérez pouco se sabe, aínda que tamén hai quen apostaría pola súa incorporación na lista do PSOE, polos servicios prestados durante esta lexislatura. Como falamos no artigo anterior, o “grupo de XA” parece que desapareceu fai tempo. A conta oficial de facebok deixou de publicar o 15 de abril de 2015.

E por último no PP, parece que as cousas están tamén claras, sobre todo despois das declaracións do presidente da xestora e parlamentario Carlos Gómez, que o partido ten un candidato que é Antonio Fernández (Toni). A non ser que como acontece en Ourense, queiran volver ao pasado e traer a escena a Isaác Vila, que tamén creemos que non estará pola labor.