Faltan 10 meses

Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.
Faltan 10 meses

Dende o artigo do mes pasado, creo que algo xa se aclarou con respecto ás eleccións municipais no concello de Xinzo.

FALTAN MENOS DE 9 MESES

Como estábamos coa resaca das vacacións, retrasouse u pouco o análise da situación política do concello de Xinzo cara as vindeiras eleccións do 28 de maio, e por suposto que para tan solo 45 días despois, xa cambiaron bastantes cousas, por certo, todas albiscadas nesta sección.

Dicíamos que Ramiro do BNG andaba na corda foxa, e así foi. Xa ten substituto, Camilo Vila, un "mozo" de Boado dirixente de Galíza Nova, que foi que no arroupou a ser o novo candidato.

Outro dos anuncios que nós xa comentamos fai tempo é que a concelleira de Ciudadanos pasada a NON adscritos, cabalo do salto ao PP, pois esa Montse Lama, xa anunciou aos grupos do goberno cuatripartito de Xinzo, que non se preocuparan, que ela non viría outra vez a presentarse nesta vila. O que non sabemos é porque, sendo un fichaxe estrela, outra vez, polo PP, segue a estar no grupo de Non adscritos en Xinzo, e non as ordes de Toni Fernández?. Acórdanse o que dicía a actriz do 123 (La bombi) por que será?.

De Amador e compañía (AXIL), parece que todo segue segundo teñen previsto, cada vez máis fotografados e en actos públicos, pero iso si, xuntos, pero non revoltos.

O que ultimamente está moi fotografado, case tanto como a alcaldesa e o concelleiro de Facenda, protagonista do último pleno o Sr. Pérez Campos, que segundo me comentan, nun xornal dixital chegou a dicir, que xa non ten partido e que el nos plenos vota o que el quere, ou sexa, a ver si o entendín ben, ou mo comentaron mal... que el solo se representa a si mesmo. Ah, tamén di que el “estaría disposto” a acompañar a calquera compañeiro de corporación de AXIL ou PSOE. Si nos fixamos na defensa a ultranza que fixo do equipo de goberno neste pleno, sen vir a conta, parece que segue os pasos da concelleira antes citada, que se lle notou pronto o achegamento ao PP, polas defensas que facía nos plenos da Deputación, así que Elvira, prepárate para lle facer un oco.

Xa solo nos queda o PSOE, que como está a gobernar, pois non pensa moito nas próximas eleccións municipais. Conta iso si, con que para aquelas o partido a nivel nacional volva a estar co vento a favor.

E por último o PP, que nestes momentos está un pouco a espreita, como na caza. A espreita do que pase co Chavelleiro e os seus recursos, e como di o seu portavoz, eu o que diga Ourense e Santiago. Efectivamente, Toni demostrou durante toda a súa traxectoria política que el vai a estar onde o manden. Encabezará a lista, si así llo piden, marcharase e deixará o sitio si llo mandan, e de momento aguantando o timón, que con iso xa e suficiente. Pero bueno, despois deste pleno un pouco máis tranquilo, porque xa sabe que o partido non lle vai a mandar de volta a “concelleira virtual”. E así é como vemos o patio político municipal en Xinzo, unha semana despois do comezo do curso escolar e tamén político.