Faltan 100 días para o día de reflexión

Candidatos presentes e ausentes
Faltan 100 días para o día de reflexión

O tempo, como se soe dicir non para. E cando acabe remate este mes estaremos a 3 meses das eleccións municipais, que segundo van pasando os días, asemella que están mais confusas.

Tratarei de explicarme.

Temos en primeiro lugar un candidato que aínda non o é, porque non o dixo quen o tiña que dicir, pero que xa todos levamos tempo dicindo que definitivamente vai a selo, oficialmente, en poucos días. Referímonos a Toni Fernández, que estará encantado de selo, aínda que segundo manifesta reiteradamente e non dubidamos nada do que di, manifesta que el sempre foi un home de partido e estará onde o partido o mande estar.

Por outra banda, temos unha candidata “in pectore”, que tampouco foi presentada como tal, aínda que ninguén dubida a estas alturas que Elvira Lama repetirá como candidata do PSdG-PSOE a alcaldía de Xinzo, que agora ostenta, aínda que como ela mesmo di “coordinado a 5 homes, tarefa bastante complicada”.

O problema do PSOE non é a súa cabeza, se non os e as que conformarán a lista, que se asemella que a estas alturas non está fácil, supoñemos que por exceso de candidatos, polo que a algún lle recomendarán unhas “pastillas” para os nervios.

Onde parece estar todo o “pescado vendido” neste momento é no BNG, que sempre arrancou o último, pero esta vez foi o primeiro en pórse na liña de saída e non perde ningunha oportunidade para mostrarse en público aínda que non sexa sempre como candidato.

O outro partido, perdón, agrupación AXIL, precisamente non honra as súas siglas, posto que tampouco están moi ÁXILES, nin na presentación do candidato, aínda que tampouco temos dúbidas e no que so tres primeiros postos están xa adxudicados, a espera de que entre algún merlo, aínda que non sexa branco.

De penúltimo estamos pendentes de como “deshoja la margarita” Manuel Pérez, entre aceptar o número que lle ofrecen no PSOE ou volver outra vez ao “ruedo”. Neste caso sería cunha lista totalmente renovada, polo menos no que se refire aos primeiros postos.

E de último, posto que da “famosa lista” do Chavelleiro xa dixemos fai tempo que non ía existir, pois solo nos queda a tan cacarexada lista apadriñada polo afamado Arturo (O do Concello, agora xa xubilado) a cal estaría encabezada por outro non menos famoso ex-CAIXA NOVA.

Ah!, sabemos tamén que un ex parlamentario do PP está intentando construír unha lista de VOX en Xinzo, pero polo que puidemos saber, sen moito éxito. A non ser que estas dúas últimas se unan e constitúan un “jacome”.

O que si é certo é que os nervios xa están aflorando preguntándose todos os candidatos e pre-candidatos a quen van a ir os votos de Ciudadanos e de Xinzo Adiante.