FALTAN 11 MESES

IMG_0384
FALTAN 11 MESES
LUIS VELOSO Pois sÍ, calquera diría que é moito tempo, pero si contamos que o mes de agosto son vacacións e...
LUIS VELOSO

Pois sÍ, calquera diría que é moito tempo, pero si contamos que o mes de agosto son vacacións e ó chegar setembro comeza a precampaña electoral das municipais en Galicia a cousa xa é seria. En Xinzo, a maquinaria xa se puxo a traballar, o alcalde será o único candidato a presidir o PP de Xinzo. Onde están os Gamallos, Pacos e Teres?. Parece que de momento, ou mais ven diría(esta é unha opinión moi persoal) xa están, como se soe dicir, amortizados. E digo isto porque o ruído que levan feito dende que tomaron posesión do escano de concelleiros foi tan pouco que non se volveu falar deles, nin para o malo, pero desgraciadamente, tampouco para o bo. Os que ían a facer que o partido do poder, funcionase etc, etc, quedou todo en nada, ou se absteñen ou votan a favor do goberno do PP. Como dixen denantes o candidato a presidir o PP, é o Sr. Alcalde Presidente actual, ó “Chavelleiro”, pero todos no PP e Él mesmo ten claro que vai a ser o candidato a alcaldía?. Ó presidente da Xunta e do Partido en Galicia, ten dito que ó político en activo que teña unha data de xuízo aberta, non debería ou non quere que vaian nas listas. Ata este momento ó Sr. Alcalde está pendente dunha decisión xudicial que será precisamente esa, ou ben dar por arquivadas as causas abertas, ou ben sinalar a data do xuízo. Quenes queiran apostar que aposten, pero penso que ten mais papeletas para unha das solución que para a outra, e si non lle chegasen esas “papeletas” creo que aínda lle quedan outras mais para meter no saco. Dende logo o que (eu) teño claro e que si o deixan presentar, sexa na situación xudicial que sexa, vai a gañar as eleccións “de calle”. Digo isto , porque enfronte hai”la nada”. Sinto moito decilo pero, uns por un lado, outros por outro, sen líderes claros, e o que é pior sen saber por onde ir. E ademais destes, eu pregúntome… Quen quere ser alcalde dun Concello cunha debeda coma a que soporta o noso, con grande risco de insolvencia, según din algúns representantes sindicais, e cunha carga de persoal inasumible? E por si fora pouco o inimigo nº1 do alcalde presentando unha plataforma para “unha paz social” como dí él, que para así a quixeran os cataláns na negociación con Rajoi. Sexamos un pouco serios e falemos non de paz social, posto que durante este período de tempo si algo houbo foi eso… Ou equivocouse (adrede) o Sr. Anxo e quería dicir paz xudicial?. E si fose unha muller a próxima alcaldesa de Xinzo?. O que queira saber algo mais que lle vote unha ollada o dis que dín…

Ata a próxima.