Faltan 12 meses

Faltan 12 meses
LUIS VELOSO

Imos comezar con este título xenérico a análise do que pasou nestes tres anos dende as eleccións municipais e tratar de adiviñar, ou polo menos interpretar tanto pola nosa conta como por parte dos representantes políticos do  concello de Xinzo  o que se pode albiscar de aquí a 12 meses, neste caso,  e trataremos de facelo mes a mes de agora en adiante, ou se a cousa dera para máis cada 15 días.

Dende logo que se botamos a vista atrás nestes tres anos de municipais, e sobre todo neste último, si que necesitaríamos moitos folios para reseñar o que foi dos nosos munícipes e sobre todo do primeiro mandatario de Xinzo.

Comezaremos recordando que a lista presentada, neste caso polo P.Popular, sorprendeu a propios  e estraños. Poderíamos dicir que “daqueles ‘polvos’, estes lodos”, pero non imos a profundizar.

Tamén estrañou o resultado naquel momento acadado polo actual alcalde, a quen todo o mundo daba por derrotado e sen maioría absoluta e foi todo o contrario.

Nas filas do PSOE, penso que entonces  foi “mas de lo mismo”, cabeza de lista nova e coma sempre na historia de Xinzo, pérdida de votos. A esperanza e a euforia, quedaba, coma sempre, niso, esperanza.

Do BNG, de entón, para que falar. Dende so fai tres anos escachizou en moitos anacos e neste momento e difícil facer unha análise da situación dentro do concello.

E se o do BNG e difícil de analizar, mais difícil e o de APGa. O merlo branco que ía ser o seu número un, resultou non chegar a ser  nin pardao. Os que auguraban que soamente ía ser un aliado do goberno, nin iso, pois nin aliado nin nada.

O mesmo podemos dicir da cabeza de lista de AIDAL, que xa sendo difícil a súa pronunciación o resultado foi o mesmo que o anterior.

Imaxinan vostedes por un instante que o P.Popular non acadara a maioría absoluta, que pasaría? Penso que a nivel de goberno foi mellor así, non por que o alcalde o fixera mellor ou peor, que non entro neso, senón que da outra maneira, a máis de un habíanlle sacar as cores ,despois de ver os seus posicionamentos , e despois da experiencia de gobernos tripartitos que tivemos...

Fai pouco que o secretario de partido dun destes últimos pregunteille, que tal, como andaba o seu concelleiro, respondendo: “francamente non sei”, vai para mais de 6 meses que non o vexo…

Pois así está a situación. Ah! E con dous concelleiros que renunciaron no seu día por coherencia política, que deses xa non nos acordamos, e iso que aquí neste país non dimite ninguén. Que cruel  é a historia!

E pasando agora ao título só faltan 12 meses, para ter que decidir outra vez  quen nos vai a gobernar para outros catro anos. Aquí si que a cousa está interesante, un alcalde do PP, nunha situación xudicial que poderíamos  definir, entre “confusa e preocupante”, tanto persoalmente como para o propio concello. Respecto a esta última, analizar as súas declaracións a La Voz de Galicia nas cales deixa entrever a existencia “ de alguna mano negra”.

Un BNG, inexistente, un AGE, cos mesmos discursos de sempre, que nunca o levaron a ningún sitio; un APGA, desaparecido, un AIDAL, aparellado co goberno un CxG, por explorar. Do PSOE, non se pode dicir nada, na súa liña, cremos que por desgraza para eles en continuo descenso. E agora haberá que ter en conta os novos, pero claro eses para máis adiante.

Creo que por hoxe, xa está dabondo, na próxima entrega analizaremos os resultados últimos e as sorpresas de aquí a 15 días, sorpresas das que xa algo sabemos.

Ata entón.