Faltan 5 meses

alcalde de rairiz acompañado do seu avogado(Foto arquivo)
Faltan 5 meses

Hoxe soubemos que o 13 de marzo e o último día para presentar as listas de candidatos a alcalde por cada partido ademais da súa lista electoral. Realmente entón so faltaría pouco mais de dous meses para saber todo.

Con respecto ó mes pasado xa hai un cambio de candidato na Limia, neste caso polo Partido Popular. Precisamente o dia 17, catro días , será o que teña que acudir o xulgado , pero non a presentar as listas se non para ser xulgado o actual alcalde de Rairiz de Veiga por denuncias de prevaricación presentadas polo PSOE.

Recordar que este alcalde foi presentado polo partido popular como o seu candidato, para estas eleccións, pero moito nos tememos que non sexa así.

No tocante ó candidato por Xinzo Antonio Pérez, segue esfollando a margarida, e segundo a súa última declaración será dende o 15 ó 20 deste mes cando tome a decisión final. Interpretando subxectivamente a súa última declaración, apostaría a que non repite como candidato, pero claro tamén pode ser o contrario, que será o mais normal.

Como xa comentei anteriormente tanto no PSOE, coma no BNG, non se albiscan cambios. Parece que tamén as pescudas feitas na rúa para a posible presentación dunha plataforma cidadán, non se soubo mais.Falta por saber que fará o actual independente ex BNG e ex Anova Pérez Campos.

Loxicamente a noticia dada polo dendealimia o 28 de decembro sobre o paso do alcalde de Vilar de Santos ó PP, non era mais que unha inocentada.

Pois esperemos que cando pasen 20 dias, xa sabremos algo mais sobre a decisión do noso alcalde sobre o seu futuro, que por outra banda será unha decisión importante non so para os intereses do PP, se non dos outros partidos.

Luis Veloso