Faltan 6 meses

Faltan 6 meses

20 dias para o nadal e seis meses para eleccións municipais.

Dende fai 30dias, último artigo, tampouco pasaron moitas cousas relevantes de cara as eleccións do 25 de maio.

No tocante o PP, ainda o actual alcalde de Xinzo \“O Chavelleiro\” está desfollando a margarida. El di que non sabe se será o candidato e hai xente que xa vislumbra outra candidatura, encabezada por unha muller, ainda que esta sería de total coincidencia ideolóxica e de amizade co alcalde, que non olvidemos é o presidente do PP local e comarcal.

Tamén corren rumores de que algún concelleiro dos que se di \“importantes\” anda dicindo que non repite, pero eso xa o dicia vai para 4 anos e ahí está na corporación, e según din os \“compañeiros\” manda moito.

Xa o \“dis que din..\” adiantou o que parece ser abandono do hasta ahora concelleiro de ANOVA desta formación política.

Tamén no mesmo sitio se facia o comentario de que hai un grupo de xente con afinidades polifónicas que andan a visitar ós veciños para tantear a posibilidade de facer unha lista cidadán. Nin que decir ten que estes experimentos ata ahora nunca resultaron na nosa vila.

Nada sabemos de Paco e Tere que siguen absténdose en todas as votacións e non se lles ve moita intención de acudir outra vez en solitario.

No que respeta ó BNG a cousa segue igual A asamblea aberta, realmente foi un fracaso e sábese que algún dos seus concelleiros xa está un pouco canso de tirar do mesmo carro. E si pensamos en como vai o carro do BNG noutros lugares, ninguen lle arrendará as ganancias.

O PSOE parece o mais estabilizado. Non parece que haxa nin moitos nin poucos movementos, co que estaremos as espensas da comunicación do seu ou sua candidata, supoñendo que haberá continuidade na cabeza.

Esperemos que neste mes de decembro Antonio Perez tome a decisión para que os demais comezen tamén os seus movementos.

E por último, este pasado sábado fundouse o primeiro \“circulo\” de podemos en Xinzo. Tampouco é que foran moitas as dúcias de persoas que ata alí chegaron, ainda que eles estaban contentos coresultado. Do que non se falou na asamblea para nada foi das eleccións municipais. Xa se verá mais adiante que pasa con esta formación na vila e na comarca.

Ata dentro dun mes, e bo nadal a todos.

Luis Veloso