FALTAN 60 DIAS

eleccions 2011
FALTAN 60 DIAS

Agora si que estamos na conta atrás. En menos de eses sesenta días, xa saberemos quen gobernará o nosos concello, e mais os da comarca.

No que respecta a Xinzo a única novidade que hai, dende fai un mes, é que non hai novidade. Todo segue igual.

No Partido Popular, so sabemos a cenza certa que o candidato será o actual alcalde , pero das súas intencións con respecto a lista de futuros concelleiros que o acompañarán, nada de nada. Non sei si o propio alcalde a estas alturas terá decidida a súa lista. O que si opino é que o de menos será a lista que o acompañe. Desta volta non creo que vaia a ter problemas, nin para facela, nin para acadar uns resultados iguais ou superiores a anterior convocatoria. Do que si estou seguro e que se alguén dos que está, non repetira, ía a levar un \“desgusto\” tremendo.

Con respecto o PSOE, tampouco se sabe moito mais que a súa cabeza de cartel, pero o igual que no anterior caso, tampouco será moi relevante os seguintes membros que compoñan a candidatura para que cambien moito os seus resultados electorais.

Do BNG, xa falamos na anterior vez, e aí se que sigue todo igual. E cando digo igual, refírome a todo o conxunto, lista e resultados. Hai alguén que aposta a que caro lle custará o seu primeiro número para saír concelleiro. Si miramos as estatísticas das últimas eleccións a verdade é que a súa traxectoria vai directamente en liña descendente..

Por fin xa sabemos cal vai a ser a foto do cartel de XINZO ADIANTE (XA). Manolo Pérez Campos será o que saia nos papeis, aínda que tamén nos contan que non ten fácil a confección da lista de independentes que o acompañarán a un futuro bastante mais incerto, neste momento que o seu ex partido.

Estas dúas semanas seguintes serán definitivas para a confección das mesmas.

Para que podamos ir facendo quinielas vamos a mostrar os resultados da última elección municipal. A partir deste momento suxerimos ós nosos lectores que fagan as súas quinielas e no las fagan chegar, para despois cotellalas cos resultados reais.