Faltan 7 meses

Faltan 7 meses

O tempo pasa implacable cara ó 25 de maio, día das eleccións municipais

O tempo pasa implacable cara ó 25 de maio, día das eleccións municipais . Dende o último análise pasaron algunhas cousas que deixan vislumbrar un pouco o que pode pasar ese día.

Fai 15 días que o PP, xa presentou ós seus candidatos para toda a comarca da Limia alta. Moi poucas novidades no cartel no que solo faltou a candidata e actual alcaldesa de Sandiás por motivos dunha pequena intervención da cal xa está totalmente recuperada. O que si parece ser que hai comentarios que non estaban todos os que van a ser, nin van a ser todos os que alí estaban. Nos meses vindeiros veremos que acontecementos poden suceder.

No referente a este partido no noso concello, aínda que el siga dicindo que non sabe que vai facer, o actual alcalde foi presentado como próximo candidato.

Os que si están convencidos de que isto vai a ser así son os concelleiros que comezan a dar sinais de preocupación pola súa inclusión. So fai falta votarlle unha ollada as redes sociais para ver os posicionamentos de certos concelleir@s que ata agora, tres anos e medio despois da toma de posesión ,non se sabía nin que existisen e agora afánanse por saír na rede facéndolle o que vulgarmente se chama \“a pelota\” o alcalde dunha maneira moi descarada. E iso que o propio Antonio Pérez, aínda di que non sabe se seguirá.

Tamén estes días podemos asistir a unha batalla \“incruenta\” entre dous políticos do PP, neste caso en Blancos. Un que chega dende fora para botar a outro que estaba dentro, pero que dicía que non quería, e agora di que si, pero non alí. Xa veremos nos próximos meses en que queda todo iso.

Con respecto a os outros partidos da corporación actual, \“más de lo mismo\”. Refírome a o mesmo que fai uns meses. Uns cansados, esgotados e case que desganados, e outros que xa anunciaron en \“petit comité\” a súa intención de non repetir como candidatos independentes. O que non se sabe o que poden facer se reciben unha chamada dos partidos xeralistas.

Haberá que deixar pasar o fin de ano para que a carreira de comezo.

Luis Veloso