FALTAN 9 MESES

Perez Bouza, na súa época do Senado
FALTAN 9 MESES
Luis Veloso  Pois faltan exactamente 9 días para que queden 9 meses, xusto un embarazo con parto incluído. Como dixemos o...
Luis Veloso  Pois faltan exactamente 9 días para que queden 9 meses, xusto un embarazo con parto incluído. Como dixemos o mes pasado Paco e Tere, parece que están retirados e amortizados politicamente se refire. Pero hai un paso dado, neste caso polo Partido Popular (PP) que xa elixiu presidente comarcal, caindo o nombramento en Antonio Pérez, actual alcalde, e que según el aínda non ten decidido, pero si repasamos o seu discurso no congreso no que foi elixido, dixo que si o partido o tiña a ben, el estaría ó que ó partido dixera. Parece ser que ten a confianza da cúpula do partido en Galicia. Tamén hai outra cuestión que cambiou dende o mes pasado, cal é a de cambio na normativa de elección de alcaldes onde a proposta do PP será a de que sexa alcalde a lista mais votada. Isto a priori faría mais fácil a elección do actual alcalde. Do PSOE, nada se sabe de momento.Unicamente, por declaracións da deputada nacional Laura Seara, que si Pachi Vázquez se presenta para as primarias de Ourense, que tería o seu apoio. Aquí teremos que matizar, que Pachi Vázquez, non vai no carro do Secretario Xeral do PSOE, co que irá en contra do aparato do partido, aínda que creo que isto non chegará a afectar as municipais . CxG, Compromiso por Galicia, acaba de comunicar que os candidatos que queiran presentarse en Ourense por este partido, pódense apuntar e presentar. A condición e non ser afiliado a outro partido, pero non é obrigatorio que estéa afiliado a CxG. Loxicamente en Xinzo e comarca, non se sabe o que pode pasar.Tamén hai comentarios de que se podía presentar por Xinzo o seu líder provincial e colaborador Pérez Bouza. Pero tamén se di que será o candidato por Ourense.Acabamos de saber que dentro da lista dos candidatos de Ourensse no están o Sr. Pérez Bouza, co cual non sería de estranar que viñera a presentarse a Xinzo. O BNG, sigue sen dar señais, aínda que contan que un dos seus membros Xosé L. Carreira, está cansado de tirar do carro, e moito nos tememos que queira repetir. Sabemos que Podemos, xa fixo algunha reunión en Xinzo, pero sen trascendencia ningunha. Por último e baseándonos no propio artigo referido ó Sr. Vila, aínda non se descarta que quixera facer incursións outra vez, aínda que isto sería moi complicado, co que non parece que poida ser nada. Ata a próxima.