Faltan sete meses

Intervintes pleno 09.09.22
Faltan sete meses

Dende o último artigo xa pasaron dous meses, isto foi debido a que no mes de setembro, que todos esperábamos que a cousa política municipal se fose acelerando, non foi así, e polo que parece nestes dous meses algo se está movendo en cada un dos partidos, que ata o día de hoxe teñamos coñecemento, se están a mover.

Comezando polo BNG, xa fai eses dous meses que sabemos que Camilo Vila, será o candidato do partido en Xinzo. Aínda que xa nos dixeron que a súa incorporación a comisión do Entroido, non é por motivos políticos e de coñecemento público, se non que, segundo nos comentan, simplemente é porque Camilo, o que quere e ir aprendendo, por si se repite a situación política e ten que facerse cargo da Concelleria de Cultura.

O AXIL, xa ten feito algunha que outra reunión de simpatizantes nas que ninguén dubida da presenza nas listas de Amador e Moncho nos dous primeiros postos e estase a pelexar polo terceiro, que eles mesmos din que é fácil de conseguir nas próximas municipais.

Máis tranquila está a situación, ou iso parece de portas para fora na sede do PSOE de Xinzo, no que ninguén dubida de que Elvira Lama, actual alcaldesa repetirá como candidata. O que non está tan claro son as persoas que seguirán a Elvira na lista. Algún concelleiro manifestábanos fai uns días que dos 7 dias da semana, 5 pensa en non seguir e dous en continuar. Tampouco se sabe nada da incorporación na mesma de Manolo Pérez. Hai ex -políticos que o dan por feito e asinado.

Nada da lista independente de Chavelleiro. Nestes últimos meses había regueiros de rumores que falaban da presentación dunha lista independente “patrocinada” polo ex alcalde, cuestión que puña ou pon nerviosos a máis de un partido. Dendealimia pode confirmar que esa lista non vai a chegar a ser unha realidade. Pero claro en política nada é imposible. Quen ía prognosticar fai tan solo tres anos e medio, a nosa “concelleira virtual” despois do que dixo dos compañeiros do PP, cando abandonou o partido, tan solo tres anos despois tivera que dicir aquelo de que “donde digo Diego...”.

E para rematar vamos a falar do PP, no que parecía que todo estaba atado fai dous meses e solo 60 días despois enterámonos que parece que lle queren “facer a cama” ao Toni, e por dúas bandas. Todas elas dende dentro, pero dende diferentes lados. Parece ser que dende Ourense están ou mellor dito estiveron facendo manobras para que Juan Anta, exístoso alcalde de A Veiga e empresario na vila , aceptara o nº 1 por Xinzo. Parece ser que isto está descartado rotundamente. Por outra banda, e esta vez os ventos veñen dende a capital de Galicia, para que a lista do PP a encabece o parlamentario Carlos Gómez, aínda que este se resiste tanto como o fixo Anta.

Quedamos a espera de noticias futuras pensando que aínda que faltan 7 meses, iso en política non é nada.