Faltan solo 6 meses

Posible trio de ases na próxima corporación
Faltan solo 6 meses

Dende onte 28 de novembro(onte), o reloxo das eleccións municipais vai coller outro ritmo, pasando por suposto máis rapidamente as horas e os días para todos aqueles que queren ser protagonistas a nivel municipal das mesmas.

Desta vez, vamos comezar falando do PP.

A súa secretaria Xeral en Galicia anunciou onte que o seu partido antes que remate este ano 23 tería designados os 92 candidatos a alcaldes e alcaldesas da provincia de Ourense.

Como dixemos na anterior crónica, solo hai dous posibles candidatos por Xinzo, fora da chegada do “mirlo branco” cousa que co cambio climático , parece que non vai chegar. Carlos& Toni, Toni & Carlos, son os únicos dous candidatos que están nestes momentos na liña de saída, un querendo e o outro ???. O que si está claro e que os dous van totalmente da man, sendo inseparables do verán para esta parte, aínda que si todo hai que dicilo, moi solos.

Como xa adiantamos no mes pasado como case certo, a día de hoxe podemos ratificar que non vai haber a famosa e temida por moitos lista “fantasma” do ex – alcalde Chavelleiro. Parece ser que non ten tempo para estes “xogos de guerra”, a non ser loxicamente que se sinta agredido.

Tamén parece claro, a esperas da confirmación oficial da presenza de Manolo ex- XA na candidatura do PSOE. O problema neste caso solo pode vir polo posto que lle ofrezan, si será de saída ou non. Cada vez se pon máis cara a acta de concelleiro. Houbo quen insinuou a presenza tamén na lista do PSOE doutra ex -concelleira do XA pola banda SUL-ESTE do concello, supoñemos que para contrarrestar un pouco os terreos nos que se desenvolve moi ben o agricultor.

Dos AXIL, non temos novas confirmacións. Bueno sabemos que rechazaron un ofrecemento dun, ao noso entender bo fichaxe, para un posto de saída, aludindo que ese xa está comprometido para alguén moi guerreiro.

E queda solo o BNG, que xa comezou cos seus fogos artificiais por todo o alto pasando de vermús a cafés, para seguir, segundo eles, colleitando éxitos en cada proposta. O que si estamos a ver e que o candidato Camilo Vila, non perde ningunha ocasión para estar en todo acto, acontecemento ou “carallada, con perdón” que se organice. Hai tamén rumores, e solo rumores de quen acompañará a Camilo no nº 2, que quizais podería sentarse na bancada municipal nas próximas. O que si manifestou Camilo é que sería unha lista totalmente renovada.

E como a concelleira virtual Montse Lama, xa non vai a presentarse por Ciudadanos, e a praza do PP, está cuberta, pois nada, seguiremos outros 6 meses virtualmente asistindo as comisións, plenos etc na pantalla, aínda que sexa sen cámara como aconteceu neste último pleno, pero iso si, cobrando coma os demais.

Ah, que me esquecía. O que leva varias semanas insistindo e pregoando que a súa lista xa está pechada e que lle sobraron nomes é o ex- porteiro, ex- chofer, ex... empregado do Concello o archiconocido Arturo, pero de momento solo son iso palabras.

Como podedes ver neste mes falamos moito dos EX.

A VER SI AINDA VAI APARECER ALGÚN EX, QUE NADIE ESPERA !.