A Fiscalía apoia á CIG na demanda para anular os orzamentos de Xinzo para o 2013

A Fiscalía apoia á CIG na demanda para anular os orzamentos de Xinzo para o 2013

O sindicato, que levou este caso ante o TSXG, argumenta que o goberno local pasou por alto as negociacións cos traballadores

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Os orzamentos de Xinzo de Limia para o ano 2013 foron os últimos de Galicia en seren enviados ao Consello de Contas, e agora pode ser ata que haxa que anulalos. Así o reclama o sindicato maioritario no Concello, a CIG, que interpuxo unha demanda ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Desde esta unión de traballadores aseguran que o goberno local incorreu en irregularidades ao non sentarse a negociar as contas co persoal municipal. E esta demanda conta xa co apoio do fiscal Fernando Suanzes.

Por medio dun documento elaborado por este maxistrado, a fiscalía pediulle ao TSXG que estime a demanda. Suanzes apoia os argumentos do sindicato nacionalista, recordando que os representantes dos traballadores foron convocados para discutir os orzamentos apenas unha hora antes de que se celebrase o pleno no que se ían aprobar. E aínda que lle parece cedo para posicionarse, pois polo momento non conta máis que coa documentación aportada na denuncia, asegura que os datos que xa ten no seu poder son máis que suficientes para iniciar as investigacións.