Groucho Marx, Millán Astray e Jonathan Swift

95
Groucho Marx, Millán Astray e Jonathan Swift

95Cando escribo isto, mércores 12 de outubro, cúmprense oitenta anos de \“Muera la inteligencia\” a frase que Millán-Astray pronunciou no paraninfo da Universidade de Salamanca e contra a que Miguel de Unamuno contrapuxo aquela de \“Venceréis… pero no convenceréis\”. Non vou contar toda a historia da lea que se montou. Dou por sabido que a coñecerán a maioría dos lectores deste artigo. Xa ben o contaron os historiadores Hugh Thomas, Paul Preston, Gabriel Jackson ou Luis Eugenio Togores, por citar só algúns.

Moi lonxe estou de compartir a frase e de atoparlle o sentido, que non se lle ve por ningures. Mais todos os días da nosa existencia cotián acontecen sucedidos que mesmo semellan querer darlle a razón. Nesta época na que nos toca vivir, existen unha chea de posibilidades de acceso á información e unhas grandes doses de liberdade. Facebook, Twitter, Instagram e outros, son una pequena mostra de que calquera nova, calquera suceso (bo ou malo), pode acadar nun intre unha difusión inmediata e de grande amplitude. Porén, creo que ás veces, en aras da liberdade de expresión, dinse ou fanse cousas que son verdadeiros desatinos.

O xenial Groucho Marx dicía que \“Inteligencia militar son dos términos contradictorios\”. Non sei se dixo esa frase antes ou despois da de Millán-Astray. Tanto ten. O caso é que ambas as dúas me viñeron á cabeza hoxe mesmo, lendo esa noticia de que a un neno enfermo de cancro e que desexa ser matador de touros, os antitaurinos lle desexaron a morte. Non podo comprendelo. Quero dicir que non son quen de entender como unhas persoas que non queren a morte dun touro, poden desexar a morte dun neno. Quizais poida ser que esas persoas sexan como aquelas das que dicía Jonathan Swift, o autor de As viaxes de Gulliver, que \“son como alfileres, as súas cabezas non son o máis importante\”. Ou, tal vez, que lles morreu a intelixencia.

Rafael Laso