Historia das bibliotecas ao longo da historia

Biblioteca de Alejandría ayer
Historia das bibliotecas ao longo da historia
Outras plumas colaboradoras: Lucía Martínez Lama

Na actualidade, estamos a ser testigos do permanente fluxo de información que nos permite ter acceso a todo tipo de documentos, pero este fenómeno está envolto nun caos incesante no que é preciso poñer calma. Son as bibliotecas, das poucas institucións antigas que aínda perduran, as que se manteñen firmes co paso do tempo proseguindo coa súa pretérita función de preservar o coñecemento, non en tanto, a día de hoxe presenta numerosas dificultades ás que facerlle fronte.

Na súa orixe, a biblioteca está vencellada a necesidade política de recompilar información exclusiva para certos sectores privilexiados da sociedade. Na Antigüidade, as bibliotecas de Tebas e Asurbanipal evidencian a importancia da documentación nas capitais dos imperios mais poderosos desa época. Os gregos tiñan bibliotecas privadas, as cales, na súa gran parte, pertencían a escritores e filósofos.

Biblioteca de Alejandría ayer En Pérgamo ou en Alexandría podemos intuír o esplendor da cultura helénica, aínda que debemos esperar ata Roma para observar a creación das primeiras bibliotecas públicas durante o período imperial. A elas tiña acceso todo cidadán que soubera ler, tanto foran libres coma escravos. A Idade Media marcará un punto de inflexión, xa que a cultura será custodiada pola Igrexa. Nos centros monacais levarase a cabo a recompilación e reprodución mediante copias das obras que se consideraban lícitas e moralmente aceptables, polo que a produción se viu enormemente limitada.

Debemos esperar ata a chegada da imprenta a mediados do século XV para poder notar os cambios nas bibliotecas. O aumento da demanda cultural fíxose evidente, e ante o nacemento do capitalismo, agudízanse as novas necesidades dunha sociedade en cambio. A consecuencia deste novo frenesí cultural producirá unha maior difusión do libro sumado a un aumento do gusto pola lectura a pesar de que seguía sendo un privilexio que non todos se podían permitir. As elevadas taxas de analfabetismo eran unha realidade obviada, e a pesar de que a Revolución Francesa expuxera reivindicacións culturais concretas, o monopolio da cultura seguía en mans das familias reais ou da Igrexa. O cambio foi lento pero finalmente, no século XIX, cos crecentes nacionalismos e o auxe do academicismo, xorden as primeiras bibliotecas públicas tal e como as coñecemos hoxe.

Un século mais tarde, comezarían a diversificarse as súas funcións e a estenderse a noción de lectura pública a todos os niveis da sociedade, non obstante hai que ter moi en conta que esta visión é moi xeneralizada posto que cada país desenvolveu as institucións bibliotecarias en distintas sintonías.

No presente, a incorporación de novos soportes e novas tecnoloxías fai que a xestión bibliotecaria intente abarcar semellante cantidade de coñecemento e información a pesar das dificultades internas e externas que acarrexan. Observábamos como, na súa orixe, a pesares de que o coñecemento era de carácter elitista e restrinxido, existía unha clara intencionalidade política de promover institucións de este tipo. Actualmente, o interese dos gobernos pola cultura vai en detrimento, posto que o fomento do que debería ser unha educación garantida e universal remata sendo arbitraria e nunca prioritaria. A biblioteca debería funcionar como un gran instrumento educador permanente, posto que se aprende a obter información, a comprendela, a analizala e a reelaborala de forma persoal e pola contra semella un instrumento secundario e intencionalmente esquecido.Biblioteca de Alejandría hoy

Reconstrución da biblioteca de Alejandría

Por outra banda, tamén afrontan grandes dificultades técnicas e físicas fronte a unha dixitalización e informatización inminentes e fronte as cales se ven desbordadas e o mesmo tempo desbancadas. Pode ser este un dos grandes problemas que se lles presenta, posto que a imaxe que percibimos é de atraso en confrontación a toda a información que se pode atopar na rede. Isto supón un maior esforzo polo persoal bibliotecario para achegar aos usuarios, así e todo é innegable que a tarefa é complexa. É aí onde podemos atopar un funcionamento discordante nas bibliotecas, que logicamente seguen mantendo o seu público, mais, é obvio, que a situación podería ser mellor. A dixitalización dos fondos tamén é un proceso lento e complexo, que sumado a cuestión anterior, aínda dificulta mais a achega o público. Todas estas cuestións lévanme a preguntarme se a figura da biblioteca, tal e como a coñecemos, está avocada desgraciadamente a desaparecer ou vai lograr manterse, adaptándose unha vez mais no tempo. A idea de eterna e inesgotable institución pode que non sexa certa, polo que me pregunto como lograrán asumir esas carencias e dificultades nun futuro próximo e como poderemos superar o desfase que existe coa sociedade coetánea.

A biblioteca debería funcionar como un gran instrumento educador permanente, posto que se aprende a obter información, a comprendela, a analizala e a reelaborala de forma persoal e pola contra semella un instrumento secundario e intencionalmente esquecido.

Está claro que as canles tradicionais xa non serven para difundir estas grandes cantidades de información, posto que os desafíos que impón a globalización van en aumento. Deste xeito, a biblioteca e os seus membros debemos dar unha resposta de carácter global e inclusiva. Ante esta masificación de dixitalización, é indispensable modificar os roles tradicionais educando ao mesmo tempo aos usuarios nun novo tipo de información e prestando atención as novas tendencias sociais e tecnolóxicas. Nun futuro, a colaboración, o desenvolvemento profesional e a asimilación das novas tecnoloxías resultarán indispensables. O obxectivo é común; darlle as bibliotecas a versatilidade e a transversalidade tan necesarias a través da cooperación e da adaptación nas novas técnicas.

Biblioteca Nacional Española -Madrid

Biblioteca Nacional (Madrid)

É o momento de romper ca sosegada “letanía” que envolvía o carácter da biblioteca para lograr promover e defender a profesión de bibliotecario a todos os niveis desafiando as estruturas tradicionais, aínda que se presenta coma unha labor que debe ser inminente e concienciadora para a cidadanía. Con este pequeno percorrido, podemos observar a evolución dunha institución que se transformou en base as necesidades de cada sociedade, sendo esta a que progresivamente reivindica un maior acceso a cultura. Esta premisa era impensable en tempos pasados, nos que a principal preocupación era conservar o coñecemento, non difundilo. Podemos afirmar deste modo que a salvagarda e a difusión do coñecemento non sempre seguiron os mesmos camiños. Na actualidade, as enormes complexidades que expoñen as bibliotecas deixan aberta unha porta ante a incerteza do que pasará, pero está claro que seguiremos loitando pola liberdade intelectual dende a biblioteca xa que estas precisan dunha sociedade forte que as defenda. Non queremos perder esa idea, un tanto romántica, de biblioteca como xenerosa vixía do saber ao marxe de que os tempos muden cada vez mais “desacompasados”.