Historia, histeria, medo ou pánico

IMG_20200313_174837
Historia, histeria, medo ou pánico

A historia desta mesma tarde nos “super” de Xinzo era a que as instantáneas mostran. Por unha banda, persoal que sendo as seis da tarde había entrado a traballar a súa hora normal, sete-oito, e aínda permanecía no establecemento, sen comer, repoñendo todo o que “todos” un pouco histéricos nos afanábamos por levar para as nosas casas. Supoño que por medo a algo descoñecido para nos, por moitos anos que teñamos, mostrando de algunha maneira pánico polo que imaxinamos que vai a pasar. Despois de ver as definicións do dicionario da RAG, cada quen que saque as súas conclusións e que decida en cal delas se sinte máis reflexado, ou en ningunha.

cats

Segundo o dicionario da Real Academia Galega

Histeria: Estado de excitación esaxerada e incontrolada.

Medo: Sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza, real ou imaxinaria, dun perigo.

Pánico: Medo moi intenso, xeralmente sen fundamento real e a miúdo de carácter colectivo.