Historia e memoria. Acción guerrilleira nas Estivadas (1946). A curva do atraco.

IMG_20130709_0001
Historia e memoria. Acción guerrilleira nas Estivadas (1946). A curva do atraco.
EDELMIRO MARTÍNEZ CERREDELO O día 9 de decembro e ás 19,30 horas da noite tivo lugar unha acción dos guerrilleiros contra...

EDELMIRO MARTÍNEZ CERREDELO

O día 9 de decembro e ás 19,30 horas da noite tivo lugar unha acción dos guerrilleiros contra o autobús de liña da empresa Perille que dende Ourense e Xinzo se dirixía a Verín. Os feitos tiveron lugar nas Estivadas, na chamada curva de Atás, sita no km 498 de estrada. O condutor, que non atendeu ás ordes dos guerrilleiros para que detivera a marcha, foi tiroteado desde a marxe esquerda e dereita da estrada, con raxadas de metralladora que alcanzaron e produciron feridas graves ó cobrador, que ía sentado na parte dianteira, chamado Manuel López, veciño de Ourense. Ante a gravidade das feridas é trasladado ao hospital de Ourense, falecendo ao día seguinte. Tamén resultou ferido un viaxante chamado, Manuel Mallorga, de Vigo. Un dos viaxeiros era o policía de Verín, Gaspar Castaño. Parado o coche, os atracadores deron voces para que saíran os ocupantes coas mans en alto e que se había algún Garda Civil que permanecerá dentro, unha vez fóra os viaxeiros, os asaltantes pedíronlle ao chofer que lles dixera cantos gardas civís viñan, sendo informados de que unha parella baixara en Viladerrei. Un camión que viña de Verín foi cominado a parar, acelerando a marcha e non deténdose a pesar de recibir varios disparos, resultou ser dun tal Barreiros, residente en Ourense. Tamén detiveron con disparos, un turismo no que viaxaba o párroco da aldea de Trepa en Riós e un camión que viña detrás, no que se atopaba o comerciante de Xinzo, Alfonso Alonso. Todos os ocupantes foron cacheados e roubadas as prendas de roupa e máis o diñeiro; ó viaxante Manuel Méndez, da casa Méndez e Cía. de Ourense, quitáronlle 7.837 pesetas que cobrara en Trasmiras, diversas pertenzas e varios décimos e participacións da lotería do Nadal.

Tamén lle roubaron a un mozo que ía destinado á secretaría de Sindicatos de Verín, a quen lle ocuparon unha carteira contendo fotografías, participacións da lotería de Nadal, un carné da Falanxe Española a seu nome e unhas 115 pesetas. Tamén levaron unha valixa de correos con valores e certificados con diñeiro en efectivo por valor de 1.155 pesetas. O autobús presentaba na carrozaría 13 impactos de bala; no lugar do suceso foron recollidas 29 vaíñas de pistola del 9 mm largo, dúas balas do mesmo calibre sen disparar e tres vaíñas de fusil Mauser.

Os viaxeiros dan conta das características do que parecía xefe do grupo dos atracadores que a Garda Civil identifica como Demetrio García, de estatura pequena que portaba un subfusil, e na bandoleira unha carabina Mauser; tamén saben que algúns deles lles chamaron: Girón, García e Facundo. As primeiras informacións da garda civil, indicaban que os atracadores tomaran na súa fuxida a dirección do Monte Ladrón, Baldriz e Laza. Polas declaracións dunha testemuña sabemos o número aproximado de guerrilleiros:”y con respecto al número de atracadores, se fijó y recuerda que había seis a la izquierda del coche, dos delante en la dirección de la marcha y otros dos en el costado derecho, y no sabe si había alguno más”. Debido a que o suceso ocorreu pola noite, a primeiras horas da mañá, os gardas Anxo Villarino, Antonio Medina e Blas Albarrán, buscando pistas, atopan na parte dereita da estrada a uns dez metros, un ferido, detrás dun pequeno parapeto de pedras que foi feito a propósito, presentaba unha ferida de arma de fogo na fronte e a pesar de atoparse con vida, non contestaba con coherencia ás preguntas que lle facían, sendo atendido polo médico forense en Xinzo e debido ao seu grave estado trasladado a Ourense, onde falece ás primeiras horas do día 11. A garda civil, deduce que é un dos atracadores e que foi ferido polos seus compañeiros no fogo cruzado para deter o autobús (segundo a autopsia, parece ser foi unha bala de rebote). Días despois, outro guerrilleiro, detido anteriormente, recoñeceu pola fotografía do cadáver a Xesús Girón Bazán, quen en compañía do seu irmán, tamén guerrilleiro, Manuel Girón, permaneceran ocultos na raia fronteiriza con Portugal.

O dispositivo organizado para atopar aos autores, levado polo xefe da liña de Xinzo, tenente Xosé Barreiro, deu como resultado no pobo de Atás que o ferreiro, chamado Manuel Rodríguez Sanmamed de 42 anos, acollera a partida de guerrilleiros[i] que cometeran o atraco do coche de liña e que entre eles se atopaba Demetrio García, detido posteriormente na aldea de Cambedo (Portugal), nun encontro coa Garda Nacional Republicana combinado coa garda civil, o día 20 de decembro, sendo trasladado ó cárcere do Porto. Das declaracións de Demetrio (supoñemos que non voluntarias), obtidas polo xefe da brigadilla, para o servizo de persecución de guerrilleiros na zona fronteiriza con Portugal, sarxento Antonio Prieto, que confirman as obtidas en Atás, fai caer a rede de colaboradores da guerrilla en Albarellos, Monterrei, Atás, Vilaza, Medeiros e Pazos, formada entre outros por: Xosé Bahamonde Pena, Severiano Sánchez Varela, Manuel Rodríguez Sanmamed, Salvador Rivero González e Benigno Justo Freitas, os cales foron detidos e ingresados no cárcere de Ourense.

Vexamos o relato da persecución e combates en Cambedo (Portugal), segundo o tenente coronel xefe en escrito dirixido ó gobernador militar de Ourense: “Tan pronto me he hecho cargo de esta Comandancia, tomo todas las medidas a mi alcance para capturar a toda costa a sus autores, quienes (...) Se internaron rápidamente en Portugal, donde de antemano tenían su guarida, y mediante el servicio de información y confidencias, pude enterarme de que los componentes de la partida se ocultaban en el pueblo de Cambedo de aquella nación, en una casa cuya situación llegó a localizarse. De acuerdo con los mandos de la Guardia Nacional Republicana de Portugal, y en combinación con sus fuerzas, me personé en la zona de Verín y ordené que por las de la 3ª compañía de ésta Comandancia, se iniciase en la madrugada del 20 del actual, una intensa batida en toda la zona fronteriza, desde la Gironda a Villardevós (…) para capturar o impedir la huída de los bandoleros que intenten internarse en España al ser perseguidos por la otra parte. La fuerza portuguesa, entre la que actuaba de esta Comandancia, afecto al Servicio de Información, Luis González Carrasco, inició los reconocimientos en el domicilio de Manuel García, de Cambedo (Portugal), y al penetrar en él los primeros hombres, fueron recibidos a tiros por unos bandoleros que se hallaban en el interior, causándoles la muerte a dos guardias e hiriendo a otros dos y haciéndose fuertes en el domicilio, por lo que tuvieron que cercarlo y adoptar precauciones. En los primeros instantes consiguió huir de la casa uno de los forajidos, penetrando en territorio español, con propósito de ocultarse en alguno de nuestros pueblos próximos, pero le cortó el paso un grupo de fuerza al mando del teniente Jefe de la línea de Ginzo, José Barreiro, que le hizo fuego e hirió de gravedad, a pesar de lo cual, y haciendo fuego con arma larga, consiguió retroceder hacia Portugal, donde fue muerto por otro grupo de la Guardia Nacional Republicana, de la que formaba parte el guardia de Información, Luis González, antes mencionado, resultando ser el célebre criminal y bandolero Juan Salgado Rivero, natural de Casas dos Montes de esta provincia, que huyó hace seis años a Portugal y autor de múltiples muertes y atracos, ocupándosele una carabina Máuser, modelo 1898 nº 2165-C, con ciento cincuenta cartuchos, una pistola Astra, calibre 9 mm largo, con dos cargadores y 30 cartuchos; moneda portuguesa y participaciones de lotería robadas a los viajeros del coche de línea de Verín, asaltado días antes. Seguidamente y como continuase la resistencia de los otros bandoleros en la casa de Cambedo, dispuse que algunas fuerzas a mis órdenes me acompañase rápidamente a reforzar el cerco, y conseguir el exterminio de aquellos, que continuaron resistiendo con abundante fuego de pistolas y armas largas automáticas, hasta que destruida e incendiada la casa, pudo penetrarse en ella, capturando a los bandoleros; Demetrio García, a su padre Primitivo García y a Bernardino García, este último muerto a consecuencia de los disparos de la fuerza; quedando plenamente comprobado que eran los únicos que allí se habían resistido en unión del otro muerto, Juan Salgado, que huyó al principio”. Son incautadas numerosas armas e as forzas conseguen identificar a outro membro do comando que resultou ser Bernardino García, o cal véndose cercado e sen munición, optou por suicidarse. Os gardas portugueses non entregan aos prisioneiros, pero prometen facelo unha vez consigan información que lles poda interesar sobre máis fuxidos españois na zona, sendo trasladados ó cárcere do Porto. Neste servizo tiveron una importante actuación os gardas civís de guarnición en Xinzo. (do meu libro: “Historia e memoria. A LIMIA: 1931-1953”.



[i] O grupo estaba formado por: Demetrio García Álvarez, os irmáns Manuel e Jesús Girón Bazán, Juan Salgado Rivero “Facundo”, Bernardino García García, Ángel dos Santos Rodríguez “Antonio de Verín”, José Pinheiro Barbosa “Pepe”, Eduviges Orozco Palacín e Hilario Álvarez Méndez. (Macías,S. “El Monte o la muerte”.2005. P. 327/33.)