Indignación e incomprensión

Agresión
Indignación e incomprensión

A cidadanía da vila de Xinzo, nestas últimas semanas está a sentir unha INDIGNACIÓN, polos feitos acaecidos cun veciño, que nos últimos meses foi detido duas veces por acontecementos de violencia, unha delas con arma de fogo e a outra con arma blanca.

AgresiónPero iso, que de por si xa merecía algunha medida para sácalo das rúas, non solo é así se non que se desplaza polas rúas a calqueira hora do día amedrentando e acosando a todas aquelas persoas que se atopan con el, sen saber si escapar, ou que facer. A resposta do individuo e moi impredecible. Por todo isto a xente sinte indignación, pero a seguinte sencsación da veciñanza é de INCOMPRENSIÓN, posto que non se entende que as autoridades de índole xudicial ou médico non tomen unha decisión de enviar a esta persoa enferma a un centro onde sexa tratado para que poida convivir cos veciños e veciñas sen ningún tipo de risco para a integridade física del e de calqueira outro veciño. De momento a integridade física de varias persoas xa estivo en risco.

A que esperan os responsabeis?. A que esta persoa agreda de maneira grave , cousa que xa puido ter sucedido, ou que alguén se enfronte con el, e o millor, sexa este o que sufra todos os rigores da xusticia, por haber actuado pola súa conta, e en defensa dos seus intereses?.Os comentarios da rúa son , que si fose outro cidadán “de a pe” xa estaría detido ou internado. A discriminación, sexa do senso que sexa é discriminatoria.