Isto non é serio....

Isto non é serio....

tolerancia cero coa CORRUPCIÓN XA!!!

Un Estado coma o español, no que desde a monarquía, ate a xustiza , pasando polo partido que sustenta o goberno, o Partido Popular, están afectados por gravísimos casos de corrupción, é un Estado que ten un problema serio.

Pero quizá o máis sorprendente e que ninguén asume resposnabilidades, independentemente de que as probas que existan contra el sexan do máis contundente, e só en contadas ocasións e en función da presión social e mediática existentes alguén acaba dimitindo do seu cargo. Por falar do último caso que estes días é centro de atención de tódolos medios de comunicación, o escandalo dos sobre-soldos para altos cargos do PP, incluído Mariano Rajoy, sobre-soldos que se pagaban con diñeiro que determinadas empresas lle aportaban  de xeito ilegal o PP e co que este enchía a súa caixa B. Ante as probas aparecidas, algúen dubída da veracidade dos feitos?... eu non. Sen embargo  os que cobraron din que non é certo, o que pagou , a pesar de foi el ou o seu entorno o que filtrou as probas e de que resulta evidente que as anotacións son do seu puño e letra, dí que é metira, e as empresas que aportaron os cartos, entre elas unha constructora de Ourense, negan a maior. Isto non é serio?... isto é tomar os cidadáns por tontos!!!... e xa está ben de tomarlle o pelos a xente. Ou non?

Nos países serios, cando a un cargo, é “collido nun renuncio”, aínda que sexa de importancia relativa como por exemplo, copiar  nun examen da universidade, inmediatamente presenta a súa dimisión e pide disculpas a cidadanía.  En España non, en España pódese engañar a xente, abusar da situación de poder que che da ter un cargo público, pagar comisións a determinados partidos políticos a cambio de que che den obras, cobrar sobre-soldos en diñeiro negro e non pasa nada. E pregúntome eu?... ate cando vai aguantar a cidadanía sen revelarse, incluída a que vota o PP, ate cando imos seguir comulgando con rodas de muíño, ate cando imos aceptar xustificacións que non as creen nin eles, por que son unha auténtica farsa.Por iso eu defendo o principio de tolerancia cero coa corrupción e cos corruptos e por iso a organización política a que eu pertenezo, foi a primeira en Galicia, en impulsar medidas que recollan as recomendacións do Fiscal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, non sentido de crear instrumentos de prevención da corrupción nas adminsitracións públicas, por certo os nosos veciños de Portugal xa hai tempo que as tomaron, e de por en marcha medidas para que a Xustiza sexa moito máis axil na instrucción destas causas e na celebración dos xuizos.

En definitiva vai sendo hora que se chegue a un gran pacto entre tódalas forzas políticas para acabar ca lacra da corrupción, unha lacra que está minando a credibilidade dos cidadáns nas institucións públicas e nos seus representantes, e que por extensión está mesmo afectando o propio sistema democrático, que eu podo compartir que non é perfecto, pero sen ningunha dúbida e o mellor dos hoxe posibles. Vai sendo hora de que sinalemos claramente co dedo, os corruptos, os que se aproveitan do seu cargo en beneficio propio, dos que nos enganan unha e outra vez. E corruptos, mentiráns e aproveitados, desgraciadamente non só os hai en Madrid, en Valencia, nas Illes Balears,... hainos tamén, e moitos, en Ourense,...e na Limia. Seguro que tí coñeces varios... Si, ou non?