José Calvo Sotelo(1893-1936) 2ª parte

José Calvo Sotelo(1893-1936) 2ª parte

De conservador maurista a protomártir da cruzada

Calvo soteloSeguindo co eixo cronolóxico do anterior antigo, que o deixaramos na primeira representación que a UMN consigue nunhas eleccións no novo, réxime republicano. Nas cortes constituintes de Xuño, a súa representación queda reducida ó propio Calvo Sotelo, máis, como é ben coñecido, a negativa do goberno da república a estender ós colaboradores da Ditadura a amnistía concedida impediu a súa proclamación como deputado. O tudense permaneceu no exilio, primeiro en Portugal e máis tarde en Francia, onde tomou contactos cos círculos salazaristas e a Acción Francesa; daquela derivou o seu pensamento cara un catolicismo integrista e un nacionalismo radical de fortes comnotacións autoritarias, corporativas e antiparlamentarias. Una vez retornado a España, o 4 de Maio de 1934, coa forza da súa elección pola Coruña e Ourense, Calvo desenvolve unha intensa actividade en permanente contacto cos seus homes fortes no sur de Galicia; á que pretende utilizar como plataforma para consolidar o seu particular proxécto político. Naquel intre a posición de deputado a Cortes non era precisamente doada, era o líder recoñecido da minoia monárquica articulada arredor de Renovación Española (RE); o campo do posibilismo estaba comandado por un José María Gil Robles recientemente vitorioso nas urnas; e tampouco tiña moitas máis expectativas dentro dos grupos filofascistas, como se demostraría co seu intento de ingresar en Falanxe, frustado debido á negativa expresa de José Antonio, fundador da mesma no Teatro Real, en febreiro de 1933; que se cadra vía no tudense un perigoso competidor, no que se conciliaba demasiado ben cos seus apoios sociais (eses sectores monárquicos ós que o falanxista desprezaba) ou se cadra non lle perdoaba que tivese abandonado España en lugar de defender a obra do seu pai; recordemos que José Antonio, era fillo do ex ditador Miguel Primo de Rivera (1923-1930)

Daquela foi cando xurdiu a idea do Bloque Nacional (BN), concibido como especie de plataforma que permitise a Calvo Sotelo situarse nunha posición integradora respecto ós representantes das diferentes sensibilidades dereitistas e conservar una ampla liberdade de movementos. Ainda que o xornal ABC xa se fixo eco desta proposta a mediados de Xuño, non sería ata os acontecementos revolucionarios de outubro de 1934 cando se poría en marcha, no mes de decembro, donde aparecía o seu manifestó fundacional, apoiado por algún deputado tradicionalista, de Renovación Española, contactos escindidos da CEDA e da minoría agraria que lideraba Martínez Velasco, e algún independentes e persoeiros como José María Albiñana.

Na noite do 12 ó 13 de xullo, José Calvo Sotelo caía asesinado como venganza polo asesinato, ese mismo día, do tenente Castillo, despois de ser trasladado na caminioneta n·17 perteneciente ós Gardas de Asalto do Cuartel de Pontejos, situado xunto ó Ministerio de Gobernación na que tamén irán militantes das Xuventudes Socialistas e o Capitán da Garda Civil, Fernando Condés. O gobernó non estaba implicado no crime, máis o máis grave do magnicidio era que desmostraba que non controlaba nin sequera as forzas de Seguridade. No seu multitudinario enterro abundaron os saúdos externo fascistas e as aclamacións ó exçercito. A censura do Goberno e o estado de alarma vixentes impediron que en Ourense se producisen as multitudinarias concentracións e actos de condena que, doutro xeito, se terían producido. Houbo párrocos que celebraron case clandestinamente, funerais pola súa honra mentres outros moitos brindaban (tal frn as acusacións que sobre eses mesmos recaeron cando, despois do golpe militar, a maquinaria inquisitorial dos consellos de guerra comezou a facer o seu traballo), pola norte do que non tardaría en coñecerse como protomártir.

Nada ten, por tanto, de sorprendente que a gran mayoría dos militantes e simpatizantes de Calvo Sotelo en Ourense apoiasen sen reservas a sublevación militar de Xullo de 1936, que en Galicia triunfou, sen que non se dese lugar una Guerra Civil, como sí sucedeu no resto da península, convertendo desta forma a Galicia en retagarda, donde non solo servía para abastecer de homes e suministros o resto da provincia, se non tamén como laboratorio dos sublevados, cunha dura represión a aqueles sectores filorepublicanos, sectores de sindicatos agrarios e a moitas persoas que sufriron as feroces consecuencias desta dura represión de retagarda, levaba a cabo polos triunfantes do 1 de abril de 1939.