"La que se avecina"

La que se avecina
"La que se avecina"

Si algún titulo puidera resumir a situación futura do concello de Xinzo, seguro que todos ou a grande maioría coincidirán comigo no da famosa e exitosa serie “La que se avecina”

Aínda non fai nin unha semana que Antonio Pérez decidiu abandonar o barco e este parece que ten bastantes furgas de auga. Xa hai algunha concelleira que lle abriu un bo buraco na liña de flotación, aínda que semella que a rápida actuación do novo capitán, coas súas habilidades persoais, pode facer que esa furga poida ser taponada.

Despois desta introdución, gustaríame ir introducindo ós personaxes principais do sainete, sen que ninguén, por suposto, se sinta ofendido, pedindo disculpas por anticipado si algún sente que el non se identifica co personaxe. Pensar que isto non deixa de ser “una brincadeira” sen animo de ofender a ninguén, se non todo contrario, poder sacarlle un sorriso nestes momentos tan serios.

La que se avecinaNon cabe ningunha dubida que o actual alcalde en funcións López Casas estaría identificado totalmente co personaxe de Enrique Pastor, non solo pola súa faceta política, de eterno concelleiro ata alcalde sufrindo pola súa idea de servidor público, e ademais cun físico bastante parecido tamén.

Continuando coa figuración e por orden na corporación atopámonos con M. Cabas que estaría encarnado por Vicente Maroto, home que non quere meterse en lios con ninguén e o único que lle preocupa e vivir a súa vida, aínda que xa foi presidente da comunidade de veciños, e agora é o primeiro tenente de alcalde.

Veñen agora as mulleres da lista por orden, Teresa Puga, Silvia Blanco e Lola Calvo, e asemélloas aos personaxes de Raquel Villanueva, Berta Escobar, e Maite Figueroa.

Ven despois a outra concelleira Montse Lama, cuxo papel coincide, segundo o meu criterio, coa de Yudith Becker, a psicóloga.

Tócalle agora o turno a un dos personaxes mais carismáticos da serie de ficción que é Antonio Recio, o cual podería representar moi ben a Carlos Gomez, menos fisicamente, como é evidente.

Quedan para o final Luís M. Gil, que neste caso sería Javier Maroto, traballador e que o meten en todos os follóns, sen el querelo nin pretendelo.

Quédanos o último concelleiro por vir, se así fose, Ricardo Sieiro, que estaría moi ben definido no papel de Fermín Trujillo.

Loxicamente cada lector, pode estar de acordo ou non, tamén pode cambiar os personaxes ao seu gusto, estou seguro que acertaría mais. No que si que estaremos todos de acordo con respecto ao futuro do noso concello, ehhh!!! … “La que se avecina”.