LEMBRANZAS DOS 65 ALUMNOS LIMIAOS DO COLEXIO DOS MILAGRES NA DÉCADA DOS 70(Parte II)

IMG-20201214-WA0018
LEMBRANZAS DOS 65 ALUMNOS LIMIAOS DO COLEXIO DOS MILAGRES NA DÉCADA DOS 70(Parte II)

De alí partimos nunha rebuldaina de rapaces indo e vindo por os longos corredores, saudándose uns, e desorientados outros, naquel ritual antigo que nos diferenciaba con inxenuidade ós “pericos” dos “carneiros”, naqueles primeiros intres de internado. Tal era a cantidade de pericos que se incorporaban ao colexio cada ano coas súas trasnadas, que practicamente non se notaba a diferencias entre novos e veteranos......

Supoño que a vida no colexio era daquelas, a prior, moi semellante a de calquera outro que tivera internado. Nunha das primeiras cartas que escribín aos meus pais, que aínda conservo, contáballes coa inocencia dun cativo, que:

(...) Los milagres 19.09.74

Queridos padres, hoy recibí los libros y la carta con sellos y fotos.

Estoy muy bien y muy contento, porque aquí se pasa bastante bien y tenemos un horario bastante bueno (Estoy en estudio y acaba de entrar un profesor y de darle un coscorron a un niño).

IMG-20201214-WA0015Nos levantamos a las 8, nos lavamos, hacemos la cama y bajamos a desayunar. Leche con agua, canela, y cafe, o colacao con azucar y tostadas. Luego tenemos clase, dos antes del recreo y dos despues.

Al acabar la última clase comemos muy buenas comidas, dos platos y postre, y después recreo.

Luego dos clases mas, recreo otra vez y merienda con chocolate con pan. Y estudio otra vez.

Después del estudio vamos a cenar, luego hay un recreo y a la cama sobre las 10:15 o 10:30.

La comida se puede repetir y los recreos pasan todos de 3/4 de hora!.

Tengo nuevos compañeros y profesores, y estoy entre los mejor preparados de la clase porque hay niños peor preparados tanto en escritura y lectura (lengua) como en matemáticas.

Empece a estudiar ingles, es muy difícil, y casi no sé nada, pero hay compañeros que me van a prestar los tomos I y II que son básicos para el vocabulario, la pronunciación, escritura etc.

Bueno y ya nada mas, Muchos besos. Os quiere. Carlos.

PD. Si en la carta pongo alguna falta de ortografía es por que está acabando el estudio.

Las zapatillas hacen falta aunque la bata no tanto.

Me hace falta mucho material, lo compro ahí o me mandais dinero para comprarlo en la tienda de los padres?.

(Notábaseme que estaba encantado no Colexio e no internado dos Milagres).

Da Limia houbo sempre alumnos nos milagros tanto no colexio vello, como a partir do 69 no novo, pero a mediados dos anos 70, atreveríame a afirmar que practicamente unha cuarta parte dos 400 internos, eramos Limiaos, moitos do propio Xinzo.

Tantos, que no curso 1976/7, para ir e volver da casa os fins de semana, algúns decidimos xuntarnos e contratar un autobús propio. Fixéranos as xestións o padre “Chiquito” que, sendo el da comarca de Celanova, nos contactara coa empresa Cartelle de La Manchica coa que pronto chegamos a un acordo.

Daquelas os compañeiros nomeáronme encargado destes viaxes, e de coordinar os horarios e puntear os pagamentos de todos os que nos apuntaramos para aqueles desprazamentos de fin de semana. A maioría faciamos o traxecto completo ate Xinzo, pero había quen facía un percorrido mais curto, ou mesmo algúns que en ocasións solo facían a viaxe de ida ou volta, pagándolle a empresa en función destes percorridos:

Colexio Nosa Señora dos Milagres, relación nominativa de alumnos que utilizan o Autobús da empresa Cartelle nos Cursos 76/78.

Do Concello de Xinzo de Limia: Xinzo de Limia, Pidre, Mosteiro de Gudín, Parada de Ribeira, Moreiras, Ganade e Lamas. Do Concello de Blancos: Blancos, Vilar de Cobelas e Nocelo de Ribeira. Do Concello de Vilar de Santos: Vilar de Santos, Parada de Outeiro e Castelaus.

Do Concello de Cualedro: Cualedro. Do Concello de Sarreaus: Sarreaus, Cortegada e Folgoso.

Os Milagros Monte Medo (30)1. Julio Lorenzo Álvarez 2. Javier Gómez Salgado
3. Carlos Gómez Salgado 4 Jose Luís Gómez Dapena
5. Angel Seoane Gómez 6. Jose Manuel Folgoso Rodríguez
7. Gonzalo Dacal de Castro 8. Alfonso Santiago Bolaño
9. Francisco Javier Baez Barge 10 Juan Antonio Losada Rodríguez
11. Guillermo Campero de Castro 1 2 Justo Gude Méndez
13. Constantino Feijóo Vallejo 14.Juan Manuel Torres Filgueira
15. Manuel Barceló Marra 16. Juan Carlos Nóvoa Ribero
17. Antonio García Bolaño 18. Julio Iglesias Losada
19. Roberto Miguez Molinos 20. Luís Tombo Albitos
21. Francisco González Pérez 22. Gaspar Romero González
23. Juan Luís Carrera Gómez 24 Antonio Gómez Villarino
25. Angel Nogueiras López 26. Julio Feijóo Ledo
27. Manuel Rodríguez Zarraquiños 28.Jacinto Justo González
29. Manuel Zarraquiños González 30. Servando Zarraquiños González
31. Ramiro Álvarez Damea
32. Jose Díaz Ramos
33. Francisco Cid Fernández
34. Carlos Sánchez Cid
35. Jose González Devesa
36. Ramón Parada Fernández
37. Gerardo Méndez Campos
38. Francisco Gómez López
39. Juan Jose Ferrón Pérez
40. Manuel Alfonso Pérez
41. Julio Opazo Feijóo

42. Alfredo Blanco Feijóo
43. Augusto Martinez Marra
44. Jose Antonio Barrio Feijóo
45. Ramón Gómez Salgado
46. Jose Manuel Barrio Fernández
47. Ramón López Barje
48. Jose Benito Gómez Fontelo
49. Fausto Abdon Dieguez André
50. Luís Dieguez André
51. Felisindo Moure Carrera
52. Camilo Rodríguez Álvarez
53. Francisco Corbal González
54. Jose Manuel Cobas Enriquez
55. Pascual Yago
56. Miguel Angel García Feijóo
57. Angel Manuel Rodríguez Ferrón
58. Josefa García González
59. Jose Manuel Rodríguez Couceiro
60. Jose Manuel Duran López
61. Manuel Penín Jardón
62. Jose Penín Jardón
63. Hilario González
64. Domingo Rodríguez Feijóo

No autobús as veces tamén viaxaban rapazas de Xinzo que estudiaban no colexio das monxas de Maceda, das que seguro se lembrara a boa amiga M. Esperanza Fernández Lorenzo, que en algunha ocasión traia Xinzo unha simpática asturiana, de apelido Cantora, que estudiaba con ela nas monxas de Maceda.

Da maioría conservamos a lembranza e amizade daqueles anos da infancia e xuventude, e moitos de nos aínda seguímonos vendo con frecuencia ou a lo menos de cando en vez.

A outros téñolle perdido a pista e mesmo algún deixounos prematuramente.

Aquel vencello dos milagres segue, e seguira, vivo 45 anos despois, proba diso son as xuntanzas que se fan entre ex alumnos, tantos os do colexio vello, que por certo no 2017 homenaxearon os finados padres Arturo Conde e Ernesto Atanes, o coñecido Crego das bodegas Creo e Monaguillo, moi relacionado por certo con Xinzo e coa parroquia Santa Mariña.IMG-20201214-WA0009

Dos ex alumnos da miña xeración do Colexio Novo, a ultima xuntanza, a que asistín cheo de emoción, foi no 2015, nunha sentida homenaxe que se lles organizou a Emilio G. Graña, Manuel Peleteiro e Xosé Luís Nieto, chamada "Os húmidos fillos da madrugada".

A homenaxe, cunha morea de actos e charlas organizada e coordenada por Cesar del Caño e Antonio Gómez Losada e moderada por Lalo Pavón, viña a conto da expulsión no 1978 da congregación dos Paúles, de Emilio G. Graña e de outros frades do centro que solidarizándose con el deixaron a orde e o colexio, incluíndo o propio Director o Padre Odilo Cid. (Continuará)