LEMBRANZAS

358

358Fai uns días leín nas páxinas iniciais dun libro acerca das PAS (Persoas Altamente Sensibles, si si, así como o ledes, existen como tales, outro día falamos do tema se queredes), que o punto número un a tratar pola psicóloga era que os individuos pensaran na primeira lembranza da súa vida, sendo nenos. Ben, a partir de ahí, iniciaba o estudo pertinente para o diagnóstico, supoño.

Deume que pensar, esta ben eso de ler verbas que nos fagan maquinar un pouco. Pero dinme conta que eu non teño un primeiro recordo da miña infancia, senón moitos...e todos parten do mesmo lugar, da misma terra: do meu Xinzo querido e do barrio do Villasana, onde a miña abóa tiña a librería, os ultramarinos da Señora Concha, a casa dos Castillo, ou a tenda do Gamallo, entre outros.

Anúdaseme a gorxa ó voltear a cabeza ós recordos, e ver o rápido que pasa o tempo. Ahí empezaban as grandes amizades, as de verdad, as dos nenos, cheas de inxenuidade e sen mentiras, sen danos gratuitos, eses que rápidamente aprendemos cando deixamos a infancia, (que xa nos vale tamén...).

Os xogos de patio ca corda, ca goma de saltar, cas palmas das mans. Agora escribo ou vemos o que queremos a golpe de click en calquera artiluxio destes que parece que levamos como será fora medicación, porque se os deixamos na casa, sentimos que morremos.

Idas e vidas polas rúas do pobo que me viu crecer, cas chuches da Sonsoles, ou comprando selos na Virucha para mandarme cartas cun tipiño de Valladolid.

Descubrindo a noite pola rúa dos pubs, cando estaban ó noso carón bailando os de Verín, os de Portugal, os de Ourense; primeira entrada no "Berlín" para acabar no "Cen copas", mentras nos namorábamos e nos enfadábamos, mentras deixábamos atrás aquelas cancións dando palmas na rúa, e empezábamos a meter no bolsillo os primeiros teléfonos que podían sair da casa, mentras a inocencia de nenos se convertía en camiños diferentes de adultos.

Porque o tempo é así, é o único que non volta, e ás veces non non damos conta...salvo cando se nos da por parar un intre e pensar que estamos a facer ca nosa vida.

Que non me digan que en Xinzo sólo podes tomar un café, porque aquela rapaza que axudaba a súa aboa na librería a empaquetar contos, sábese enfadar de vez en cando (sen abusar).

O que acontece, como moitas veces, é que non sabemos apreciar o que nos rodea, e parece que temos que dar paseos polo mundo para voltar ó mellor, que é a esencia do que temos ó lado, rozando nosas mans mentras rula o reloxo.

Na Limia comezou a latir meu corazón fai algúns anos xa, o que ten costume de escribir a través dos meus dedos, inda que xa non vivo ahí...Se pecho os ollos e me deixo levar podo sentir o aroma dun café recén feito na Praza Maior, ó que quedades convidados, se pasades de casualidade, ou mellor, se vindes a propósito.