9 de septiembre de 2013, 19:20
Nas comarcas agrícolas da PAC non existe
LUIS VELOSOCañete propone un reparto de las ayudas de la PAC según las comarcas agrarias
El ministro cree que el modelo más adecuado a la realidad española es hacer esa división que agruparía a todos los municipios similares
Isto é o que dicía o Ministro antes de comezar as negociacións e o que a continuación conto, é o que pasou:
Se hai unhas semanas nos facíamos eco de que Xinzo perdía protagonismo a favor de Celanova. Hoxe temos que dicir, que a Limia perde toda a súa identidade como comarca agrícola e gandeira no mapa de comarcas en que a Comunidade Económica Europea, divide Galicia no referente as 15 comarcas da nosa autonomía, e coas tres que temos en Ourense. Menudas lumbreras, deberon ser os negociadores que nos representaron nas reunións da nova PAC (Axudas Agrarias Comunitarias) 2015/2020. Cando o técnico Sr. Lucio, nos presentou os datos agrarios da Limia, nas xornadas de ADEGAL, se non entendín mal, viñan a dicir que nesta terra ata case o 50% da mesma estaba explotada, chegando en Xinzo o 52%, algo que non ocorría en ningunha outra área de Galicia. Ademais destes datos, estes días presentáronse os plans para rexeneración dos ríos da Limia por vertidos da agricultura e gandería. Na mesma sesión o Director Xeral de Coren, mostrounos os seus números gandeiros, dos cales un porcentaxe moi importante está nesta comarca. Pois ben tres son as comarcas nas que a PAC dividiu Ourense, e unha delas é a de .VERÍN. Se non me equivoquei, toda a Limia está metida coa área agraria e gandeira de Verín. E chamase a área de Verín. Pois o que dicía, vaia lumbreras para recoñecer as áreas agrícolas, e resulta que dentro das axudas da PAC, non entran os viñedos. A realidade é que os nomes non teñen importancia, o importante é que as axudas veñan pero iso e outra cousa. O tema é que para Europa, a Limia NON E UNHA COMARCA AGRICOLA E GANDEIRA. Tería algo que ver que ó alcalde de Verín sexa Senador?