A longa noite de pedra na literatura Ourensán

A longa noite de pedra na literatura Ourensán

Vimos de adicarlle o día das letras galegas, ao lucense, Manuel María, donde Galicia enteira e mesmo dende coletivos galegos localizados no exterior do territorio, celebraron de diversas formas este día, dende a letura de poemas ata homenaxes diversos.

xeración nós

Para os galegos, as celebracións das letras galegas, prodúcese os 365 días do ano, en todos os ámbitos diarios da vida cotiá.

Onte, mércores 18 de Maio, un día despois das letras do día de Manuel María, a Real Academia Galega (RAG), ven de anunciar que o vindeiro ano 2017, o dia das nosas letras será conmemorado o ferrolán Carvalho Calero. Diversos actos, o longo da nosa provincia, e levados dende distintos colectivos e organizacións reclamando as letras para o limiao Carlos Casares, desta banda tampouco puido ser, e as letras do ano 17 irán hacia Ferrol.

Dende o ano 2004, cuando a Real Academia Galega, decidiu adicarlle as letras a Xaquín Lourenzo \“Xocas\”, o etnógrafo de Lobeira, as letras ourensáns e os escritores ouresáns, están sumidas polas RAG, nunha longa noite de pedra, como o título do poema do celanovés, Celso Emilio Ferrreiro.

Ourense, foi é e seguirá sendo cuna de grandes intelectuais da cultura galega, dende Ourense partiron as verbas de Manuel Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Florentino Cuevillas, Otero Pedraio, Risco ou do propio Carlos Casares.

Ourense é a patria da cultura, Ourense é terra de literatura, Ourense é a terra da Xeración Nós, de Otero Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Neste ano 2016 estamos a celebrar o centenario das irmandades da fala, non debemos olvidar o papel fundamental do cenáculo ourensán, tanto ideoloxica, literaria como culturamente para a nosa Galicia.

O vindeiro ano 2017, faránse 50 anos do libro de Carlos Casares, Vento Ferido, un limiao que méritos ao longo da súa carreira fixo para recibir este honor de ter un día adicado nas letras galegas á sáa gran figura.

Dende logo, os actos que se celebrarán na nosa provincia, na nosa comarca limiá, serán máis multitudinarios e a favor de Carlos Casares, que por Carvalho Calero, sen deixar de lado a figura do ferrolán, pero si homenaxeando a Casares, limiao de pro, emblema dos limiaos e da nosa tan benquerida Limia. Ben de seguro, que coa unidade dos limiaos, dos ouresáns e de todos os colectivos que aman as nosas letras, as letras para Casares, non van a tardar e chegar, salindo así desta noite de pedra que xa se alarga 13 anos.