“O MELLOR DESFILE DOS ÚLTIMOS 30 ANOS”-Titular para a polémica

CARTEL ENTROIDO 2015
“O MELLOR DESFILE DOS ÚLTIMOS 30 ANOS”-Titular para a polémica

Así titulou un xornal ourensán, o noso desfile do martes de entroido deste ano. Dende logo que os comentarios da rúa, tanto dos veciños de Xinzo, como os que se escoitan por Ourense, de xente que veu a velo, non coinciden case que en nada con ese titular.

Eu dende aquí, non quero fomentar a discordia que estes días tamen hai nas redes sociais, non só sobre ó desfile, se non do entroido en xeral.

Nas redes, xa escoitamos o concelleiro de Cultura, desfacerse en explicacións, das que por suposto, el non é o responsable, e tampouco creo que teña a solución.

O que si quixera con este artigo é poñer porriba da mesa a situación na que se atopa o entroido de Xinzo, entre o SENTIMENTO e a realidade. Neses foros, o concelleiro fala de reunión para tratar de analizar a situación pola que atravesa o entroido. Todos se apuntan a colaborar, pero moito me temo, que á hora da convocatoria, como aconteceu xa fai dous anos, sexan poucos, por non dicir moi poucos os que ata alí se acheguen.

Por outra banda eu faría algunhas preguntas ó respeto.

1.- Pero que problema ten o entroido?

2.- Non consideramos todos que o entroido e para que cada un se manifeste como lle pete e

queira?

3.- Queremos, si acaso, poñer unhas normas que nos digan o que temos que facer para pasalo

mellor no entroido?

4.- Que se pretende co entroido de Xinzo?. Divertimento para os que participan ou para os que

nos visitan?

Xa sei que estas preguntas, teñen tantas respostas como veciños somos.

Xa con anterioridade ós días do entroido xurdiron as polémicas sobre o mesmo, que a xente quere, sobre todo aqueles que opinan que entroido como os de antes xa non hai. Non deixan de ter as súas razóns, pero máis parece que esas añoranzas mais teñen que ver coa nostalxia, e porque non dicilo, polo paso dos anos, e que agora o noso cerebro quere facer o mesmo, pero o corpo non responde.

Como todo, por sorte, non por desgraza, evoluciona, e o entroido non é menos.

O que si penso, é, que temos que deixar de mirarnos o embigo, se non dentro duns anos, vamos a única opinión persoal a ter que tomar outras medidas co entroido.

E por último e sen querer facer comparacións, votádelle unha ollada o desfile de Celanova. Unha vila que fai seis anos, non tiña entroido.