Monárquicos e Tradicionalistas
No Ourense republicano entre os diferentes grupos políticos que actúan como as distintas plataformas monárquicas de apoio a Calvo Sotelo son as que amosan maior continuidade coa etapa anterior e manteñen unha estructura máis persistente. Nacemento destas redes clientelares, familiares e persoais, que facilitaron a toda unhsa serie de persoeiros, moi ben instalados na política local e provincial, os cales ven nel, en Calvo Sotelo, a un magnifico interocutor en Madrid. De nacemento en Tui, como recordamos de artigos anteriores, Elisa Sotelo Lafuente, a súa nai, pertencía a unha familia de Celanova. Hai que destacar a importancia para a sua traxectoria política un mitin en 1917 ó que Calvo Sotelo asiste na Coruña, será neste mitin donde o Marqués de Figueroa, ex – ministro de Gracia e Xustiza durante o \“goberno longo\”patrocina a sua candidatura polo distrito do Carballiño, aunque debido ó gran poder exercido na provincia por Gabino Bugallal, non consigue os apoios necesarios, que si obterá en abril de 1919, cando Alfonso XIII volve a chamar a Maura á presidencia e deputados provinciais, concelleiros e unha chea de párrocos do distrito do Carballiño reafirmaron a súa aposta polo político tudense.
Unha das claves de porqué en Galicia o maurismo ten matiz agrario-antiforista e rexionalista foi polo apoio como colaborador de Calvo Sotelo de Aureliano Ribalta, secretario particular o marqués de Figueroa e impulsor das Irmandades, estes apoios unidos ó do secretario do propio Maura, Prudencio Rovira Pita, deputado polos districtos de Trives (1919-1923) e Ribadeo (1907), serán os que lle fagan asegurar unha cómoda vitoria coa que dar o salto ós escanos da Carrera de San Jerónimo. Aunque esta \“alegría\” apenas lle durou á Calvo Sotelo, en maio de 1920 cae este gobernó, e coas eleccións convocadas para Abril de 1923 volveu perder apoios entorno ó bugallista Durán, e tentou probar sorte polo distrito de Noia, un dos feudos dos Gasset, pero tivo un idéntico resultado.
Co golpe de Primo de Rivera, o 13 de Setembro de 1923, José de Cavalcanti y Albuquerque, casado cunha das fillas de Emilia Pardo Bazán e non con poucas relación nestas terras, foi quen proporcionou o nome de José Calvo Sotelo, a Primo de Rivera, e así principiou a súa ascensión meteórica. Calvo Sotelo, ocaparía os postos da Dirección Xeral de Administración, donde o 30 de setembro de 1923, pouco despois do golpe militar que leva ó poder a Miguel Primo de Rivera, produciríase o cesamento dos concellos, e o Decreto a nivel procinval do 12 de xaneiro de 1924. Ocupará tamén durante o Directorio Civil o Ministerio de Facenda, en decembro de 1925, nesta etapa capitalizou parte dos réditos proporcionados polo Decreto de Rendición Foral, pero sobre todo destaco una defensa das obras do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña, obras anunciadas nun consello de ministros celebrado na cidade herculina en agosto de 1928.