Morriña

Hoxe lembrei algo que só nos temos e que nos fai especiais, polo simple feito de ser galegos. Ese sentimento tan auténtico que é nóso e que non se coñece realmente ata que estamos lonxe da nósa terra. Porque outros poden dicir que botan de menos a sua casa, a súa xente, as súas cousas, pero nós non botamos de menos, nos temos un sentimento diferente por aquelo que se chama Galicia; unha verba que non existe en ningunha outra lingua do mundo, esa é a morriña.

Acordeime da morriña ultimamente, pero tamén debo engadir outra cousa; estes días non se sinte a morriña noutro lugar como se está vivindo na Limia, i é que xa chegou o entroido. Xa vexo as fotos, lembrome doutros anos, lembro disfraces, lembro as cancións das charangas e cada domingo que pasa fáiseme máis duro o feito de estar lonxe. ¡Como me gustaría chearme de fariña ata as orellas! Aquí esas cousas non se levan, son máis señoritos; nese sentido parécense máis ós da Coruña, que non teñen nada que ver con nós, (con todos os respetos) que somos festeiros por natureza, vainos a troula e eso non no-lo quita ninguén.

Aquí, en Londres, tamén teñen a súa versión da historia, o que se da en chamar o Carnaval de Notting Hill, pero nin é entroido nin é nada. É no verán claro, teñen que adaptar as condicións ó clima, que é sempre complicado. E nin se disfrazan con calquera cousa, nin bailan pola rúa coma tolos, nin posúen unha longa tradición de disfraz autóctono.

A min faime moita gracia, porque cando contas a outra xente o que o entroido de Xinzo significa, pensan que é unha festa máis, beber, saír... E con pintas, que aínda é máis divertido. E todo iso está moi ben, porque non hai nada de mentira, pero nós, os que mamamos ese entroido ano tras ano dende que nacimos, non o sentimos como tal, se non como eses días especiais que esperas con ansia todo o ano. Ó pasar a piñata xa o estas botando de menos outra vez. Xa conta-los días para ver canto queda para o próximo.

Será a primeira vez en 22 anos que non disfrutarei das charangas, das perrucas, dos botellíns e do cocido do domingo. Con aflicción só me queda engadir QUE VIVA O ENTROIDO DE XINZO!