"NADA É IMPOSIBLE"

IMG_20171218_104811
"NADA É IMPOSIBLE"

Carlos (ex compañeiro, veciño e amigo), avísame o mércores pasado que ten unha invitación para min, quédome gratamente sorprendida cando descubro de que se trata. O evento será o venres ás 19:00 da tarde. Parece que levo meses de vida de rutinas e de repente todo asoma o mesmo día. Da igual, comeza o puzzle, de ningunha maneira rexeitarei a invitación.

IMG_20171218_104811 A prensa nacional e internacional fala de él xa case de xeito habitual, e non lle sobran motivos. Diego González Rivas (Agosto 1974, A Coruña), está a revolucionar o campo da menciña, e non o fai a carón da casa, o mércores estaba en Kuwait, o xoves en Londres, o venres...en Ourense.

A sala non está moi chea, é unha conferencia "íntima", da que detrás, na organización, se atopa o Doctor José Luis Fírvida (especialista en oncoloxía).

Chego con Carlos e un amigo seu. Vexo a Diego na porta, non o podo crer, fai nada estaba na casa vendo o documental "Siete días, siete ciudades", (no que parecía unha vida de película a de este xa mundialmente coñecido ciruxán), e agora téñoo diante. Diego leva unha camisa de cadros e unhas "bambas" blancas, reflexo de humidade, entremezclada co carisma que desprende, está na porta, tan tranquilo, recibindo a xente...Cando chega o momento da presentación sinto profunda admiración e moito agradecemento, pero a única tontería que me sae da boca é: "Pareces máis xoven en persoa", (piiii, erro, Diana! Tes unha eminencia diante e sóltaslle iso), e o que é peor, que somos case da quinta...bravo por min!. Pero é o transfondo, esperaba atoparme un doctor de traxe, xa sentado na mesa...e racharon os esquemas do meu cerebro. Non me estraña que a xente o queira dese xeito...

O Doctor Fírvida abre a conferencia e levamos a grata sorpresa de coñecer que hai avances en menciñas para o cancro.

Ós dez minutos comeza Diego. Asoma unha personalidade teimuda, inqueda, sen moitos medos case me atrevo a dicir...É un home curioso, sobre todo no seu traballo que é o que mais se resalta ese día. Cóntanos a súa aventura pola vida da menciña e da ciruxía, con traballo e esforzo consegue desenvolver unha técnica pouco invasiva para operar o cancro de pulmón, a Uniportal VATS (ciruxía torácica asistida por vídeo a través dunha soa incisión, onde antes se facían tres), a súa cara reflexa gran entusiasmo polo que fai durante toda a exposición, eu estou realmente abraiada, inda non dou crédito de telo ahí, mentres alterna termos médicos con experiencias persoais, dende meterse entre as olas surfeando, voar sen motor ou ir en moto a toda velocidade...

Levántome apurada na despedida, levo presa, acércome, "Gustouche?", piiiii, erro de novo, o primeiro que tiña que ter feito esta menda é darlle a noraboa, espero que o emenden estas verbas.

Así que amigos, imos o tema, (Diego si me lees quedeime con mais cousas das que podes pensar):

Compañeiros, disfrutemos a vida, sen presa pero sen pausa. Loitemos polos sonos, aqueles sonos que nos fan levantarnos cada mañá, eles non van petar na porta da casa (xa volo teño advertido). Envolvamos a nosa humildade na teimudez de aprender, e o que é mais importante seica Diego, amosarlles ós demais o que temos aprendido. Deixade o mando da televisión sen pilas uns días e probade a descubrir mundo, veredes a marabilla que nos rodea.

O que non sabe este ciruxán é que lle lin o pensamento, seino, vai pedir ser "conxelado", para que cando a ciencia esté avanzada e o poidan "desconxelar", de a volta de novo ó mundo para botar un vistazo ó que aconteceu mentres non estaba.

GRAZAS Doctor, ganáchesme o corazón.

Grazas Carlos pola túa amizade.

Por momentos coma este, por persoas que con humildade e traballo logran sonos, ou inda mellor, salvan vidas.

Diana Budiño Calvo