Ola!

PABLO SANMARTÍN

A verdade é que nunca me plantexei o de escribir para ningunha publicación de ningún tipo. Nin prensa escrita, nin dixital, aínda sendo o medio o que dedico tanto os meus esforzos laborais coma os de ocio.

Desde pequeno sempre me gustou o mundo da tecnoloxía e o crecer un anaco os meus pasos leváronme polo camiño de Internet, os bytes, computadores, e demais trebellos…

Sabendo das miñas inclinacións polo mundo da informática, cando fai un ano estaba diante do meu ordenador ollando o “timeline de Twitter” (a liña de tempo desa infernal rede social que se move a velocidade do lóstrego) foi tal miña sorpresa o atopar que un novo medio periodístico dixital saía á luz para sacar a Xinzo de Limia do anonimato máis profundo da rede de redes. Nunca entenderei ese abandono tecnolóxico que se produce na nosa vila tanto nas institución coma nas empresas. Algo haberá que facer.

En fin, presentada esta oportunidade, que as miñas ansias de transmitir os meus humildes coñecementos non podían deixar pasar, intentarei achegarvos a novidades tecnolóxicas do sector, esas novas tendencias que se producen en Internet, eses novos trebellos que saen o mercado, e en menor medida intentarei contaxiarvos da miña devoción por o mundo da  informática.

Vémonos na próxima TecnoLimiáns