A ONCE MESES DO 28.05.23

O noso goberno Municipal na Procesión do Corpus
A ONCE MESES DO 28.05.23

Xa solo faltan 11 meses para que estéemos a unha sola semana das votacións para elixir de novo alcaldesa ou alcalde de Xinzo. Pero como todos sabemos meses antes hai que presentar as candidaturas e as listas no xulgado, co cal case que faltan menos de 10 meses para iso.

Xa falamos no artigo anterior dos domingos do BNG, dos cales non sabemos nada máis, ou polo menos a nos non nos mandaron ningunha nota dende o partido, ou será que nestes domingos que pasaron fixo moita calor? Tamén pode ser que este domingo estivera de “vermus”, mentres os seus compañeiros de goberno estaban na procesión.

A quen tivemos xa de visita foi a líder do partido Ana Pontón, actuando no acto Ramiro, supoñemos que dándolle o empuxón definitivo para repetir como candidato, aínda que os rumores que corren pola rúa falan de que non o ten claro a día de hoxe. A quen xa volvemos a ver nestes “saraos” foi a Alba Feixó, que soe aparecer para organizalo todo e despois desaparece.

Outros xa andan facendo entrevistas noutros xornais dixitais, e non se entende ben o que queren dicir. Falan de que o partido xa ten un candidato, aínda que por outro lado parece que ....como si se estivera el mesmo postulando. Tamén o puidemos ver na procesión de Corpus, representando ao PP, ante a ausencia xustificada por motivos persoais do portavoz, Toni. Claro está, que quen manda nestas decisións está en Ourense, na Deputación, e de momento aínda non dixo, nin arre, nin xo. E entón todos calados. Ata o Chavelleiro e os “seus” que están a espreita.

De que o PSOE presentará a Elvira Lama, ninguén o dubida, o que non terá moi claro, despois das eleccións de onte en Andalucía é de si contará co vento a favor do seu presidente fai tres anos, que non está claro que siga sucedendo a día de hoxe, ou mellor dito de onte.

Da outra Lama, a que “autodenominei “concelleira virtual”, espero que non se ofendera, simplemente é que xa fai moitos moitos meses que non a vemos polos plenos de Xinzo, a non ser no plasma. Tamén recordar que onte parece ser que asistimos ao funeral do seu ex-partido cidadáns, co cal, creemos que non a vamos ver como candidata en Xinzo.

AXIL, xa comezou tamén a campaña cun Amador e un Moncho, que parece que teñen a dobre ubicuidade, están en todos os sitios e ultimamente en todas as fotos. Somente teñen que ter en conta os posibles candidatos de dentro con gañas de medrar e de subir na lista, aínda que o teña moi difícil, posto que o posto 3 ten que ser para unha muller.

Do XA, pouco se sabe. Manolo é un home de poucas palabras, pero ex compañeiros de partido, de lista e de escanos, que falan un pouco máis, simplemente din que eles non saben nada do partido.

Así que vamos seguir a espreitar o panorama e ver que pasa de aquí a 30 días.