A onde queren levar o “noso Entroido”

IMG_20200209_130945
A onde queren levar o “noso Entroido”

Esta é a pregunta que nestas escasas dúas semanas que levamos do Entroido 2020 se escoita polas rúas e sobre todo, nos bares e tendas da nosa vila.

Primeiro foi a polémica do desfile, que si o martes ou o domingo, cando algúns comentan, xa case que non é Entroido, ou ben, esa non é a tradición.

Outra das polémicas e a cuestión de onde poñemos a “tradición” e onde a “costume”.. 10,15,20,40 anos.

Despois que “as medidas de seguridade”…, xa non podemos isto, xa non podemos aquilo, xa non podemos desfilar co meco coma sempre e por último as dúas vallas de protección no oleiro…

IMG_20200209_130500O “máis grave” aconteceu, cando no petardazo uns CDR chegaron a “ousadía” de pendurar do balcón una estelada ca que “ofenderon” a non sei cantos milleiros de persoas, ou centos de miles segundo o grupo político VOX que saíu en defensa da integridade da festa. non esquecendo aos do PP de Xinzo que colgaron a opinión dos de Vox, Ourense, co cal, eles parece que non se decataron aínda, son novos nisto das redes sociais, e non se deron conta de que quen replica una opinión de outros, se non a contradí, quere dicir que está de acordo.

Pero a cousa non quedou aquí. Neste mesmo domingo de Oleiro, unha comparsa estivo todo o día cunha parodia dunha familia xitana e o seu negocio de tiro. ¡A onde vamos a chegar!. Como se pode agredir desta maneira a un colectivo de etnia xitana con tantos séculos de historia que toda a vida viviron desa maneira, e grazas a eles e as súas contribucións nos postos faise tamén festa?

Pois como supoño que todos xa se decataron da miña ironía, isto é o Entroido de Xinzo, a imaxinación e a teatralidade sen ofender a ninguén cos seus feitos. Precisamente por esa maneira de vivir o Entroido e loxicamente por outras moitas, máis logrou ser declarado Festa de Interés Turistico Internacional.

Dende aquí invitamos a todos eses milleiros de ofendidos que veñan a Xinzo ao Entroido, para que vexan que todo o que aquí pasa no Entroido, soamente é iso, Entroido, parodia e bo humor, sen ningunha intención de ofender a ninguén e ríndose con todos e non de ninguén.

Que veñan a pásalo ben, metidos no papel e na figura que pretendan transmitir co seu disfrace, pero iso si, que veñan con gañas de pásalo ben e por suposto sen pasarse co alcohol.

Recordo agora o que di un amigo e fiel lector do xornal En Galicia hai moita retranca, pero pouco sentido do humor.

Ah, e por último darlle as grazas ao grupo do “Dende a Lagoa” pola súa parodia, está claro que xa podemos dicir orgullosos que o dendealimia, xa forma parte da pequena historia deste pobo. Grazas.

Luis Veloso