Un pleno para esquecer

Sesión plenaria 07.07.22
Un pleno para esquecer
E todo por levar ao pleno temas que non teñen solución municipal, por parte de todos os partidos.

O que parecía ía ser un pleno de puro trámite, no que todos os puntos da orde do día se aprobarían por unanimidade, resultou ser un dos plenos máis broncos que se recordan no salón de plenos, na última década.

Todo estaba a descorrer con normalidade aprobándose todas as mocións referentes a temas económicos de rebaixas de taxas ata que chegou o momento de tratar unha moción do PP, das que todos os grupos traen aos plenos de cando en vez, que todos denominan de “factoría” e a discusión foi subindo de nivel ata que as dúas concelleiras “Lama”, unha a alcaldesa, se enfrascaron nuns argumentos de defensa unha do PSOE(o seu partido) e a outra do (PP) subindo o ton e chegando como soe ser nestes casos a botar en cara case todo o que levaban gardando durante, polo menos estes tres últimos anos, aínda que algunha delas foise máis atrás.

Pero a cousa non quedou aquí, se non que, dúas mulleres, defensoras activistas do feminismo, sen ningunha duda, acusáronse mutuamente de todo o contrario chegando a denominar os seus discursos de “populistas”. A cousa seguiu subindo de ton ata o momento en que Elvira Lama, estando no seu turno de palabra, foi increpada por Montse Lama, despois de insinuarlle que facía as súas intervencións solo virtuais, non deixando falar a primeira e obrigándoa a advertila de que lle “ía cortar a palabra”, como así o fixo.

O triste de todo isto foi que se dixeron cousas no enfrontamento, acontecidas noutros plenos, neste caso da Deputación, de todos estes anos, que nada teñen que ver co concello de Xinzo.

As dúas intervintes acusáronse mutuamente de defensas a “ultranza” de posicións nas que non crían.

Pero o mais triste de todo é que este enfrontamento que durou case que 40 minutos, foi por un tema que nada tiña que ver, nin coa gobernanza, nin cos intereses dos veciños e veciñas de Xinzo neste caso, posto que a moción proposta para envío ao Goberno Central, a quen ía dirixida, non lle ía facer ningún caso. Nin tampouco aos argumentos nin as suxestións feitas polo concelleiro de Facenda, encargado de defender a postura contraria do que solicitaba a moción.

Moción que dicía:

Proposta ao Goberno de España dun Plan de medidas urxentes extraordinarias en defensa das familias e a economía española.

Creo que todo isto é debido a traer ao pleno dun concello cuestións de política Nacional e Autonómica que o único que pretende e ver si un partido votou o contrario ou en contra do seu en Galicia ou Madrid, como si as veciños e veciñas lles importara iso. O séa, perder o tempo e non dedicarllo a discutir e arranxar os problemas locais, que para iso son elixidos. E esta clase de mocións de “fabrica” veñen tratándose pleno tras pleno, e a proposta de todos os grupos sen distinción.

Está claro que as eleccións están a volta da esquina, e hai que ir tomando pòsicións.

Que pena de impostos.!

Xulguen vostedes!!!