Pois que se vexa na casa!

IMG-20210107-WA0014
Pois que se vexa na casa!

A conducta antidemocrática e a actitude, nos ditos e nos feitos, do populista expresidente de Estados Unidos Donal Trump é, non so condenable senon absolutamente desprezable.

IMG-20210107-WA0014Non serei eu quen lle poña un so “pero” a súa conducta. Non ten xustificación algunha!
E os seus defensores, e aqueles que a xustifican son tan impresentables e antidemocratas coma él.
Si vou a criticar a actitude de certos sectores da esquerda española, os de sempre, os pseudodemócratas comunistas e populistas, estes si, os que miran para outro lado e mesmo incitan e xustifican conductas antidemocráticas e actitudes, nos ditos e nos feitos, semellantes ou mesmo peores que as do impresentable Trump.
Os que calan e mesmo defenden os reximenes represores e golpistas de Maduro ou Evo Morales; ou os desvarios totalitarios e trasnoitados de Putin cando forzou a aprobación en plena pandemia, en Marzo do 2020, dunha reforma constitucional antidemocrática e oscurantista para eternizarse no poder, e que por certo introduce a “fe en Deus” e reafirma o matrimonio únicamente entre home e muller.
Onde estábandes vosoutros, defensores da legalidade, adalides da liberdade e da democracia cando se dudaba da lexitimidade dos resultados das eleccións, e se chamaba a asaltar os Parlamentos, aquí, na vella Europa, non en America, aquí na casa.

Onde estábandes entonces?.

Trump, pasara a história Americana como o que foi, un populusta que dividiu un gran pais, un misóxino, racista, insolidario, supremacista... un tolo engreído e desvergonzado que embaucou, e embarcou, o pior da america profunda e “confederada” -70 Millóns de votos-. E que non respetou a decisión das furnas, mesmo onte no estertor do seu mandato, provocando catro mortos nos asaltos as institucións Americanas defendidas, a duras penas, por as forzas e corpos de seguridade daquel pais.

(Os feridos e mesmo os mortos, non valen o mesmo en España que en America cando se trata de defender a legalidade vixente, aqui criminalizamos os defensores da orde e ensalzamos os subversores ou golpistas)

Chamou a miña atención a contundente intervención do novo Presidente, Jou Biden quen afirmou que "Estados Unidos está baixo un ataque sin precedentes que roza a sedición. Non é disidencia dixo, é caos".

Biden exixiu o "presidente Trump a sair na televisión nacional agora, e cumplir co seu xuramento e defender a Constitución e exixir o fin deste asedio".

Sonaralles ós escandalizados defensores da Constitución Americana e da súa legalidade democrática algo desto...?