A política dos “pactos”

logos
A política dos “pactos”

logosTralas eleccións para escoller presidente do goberno, celebradas o pasado 20 de decembro, do xa finiquitado ano 2015, donde se rompeu coa chamada política tradicional ou de bipartidismo, practicada na nova España da monarquía Borbónica, alternándose gobernos do Partido Socialista (PSOE), dende que no ano 1982, gañan as elecions encabezados por Felipe González e Alfonso Guerra, e dende que por primeira vez, o partido que nace no ano 1989, como xerme da Alianza Popular do histórico político vilalbés, Manuel Fraga Iribarne, acollendo as familias da desaparecida UCD , de Adolfo Suarez, Lendalino Lavilla e o xa desaparecido, ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo Sotelo; toma a rendas no ano 1996 co PP, encabezado por un castelán-leones, Jose María Aznar, que chega aupado ó poder, entre outros acontecementos polo escándalo FILESA, donde varios ministros do goberno do PSOE, son imputados, polo escandalo dos GAL, ese bipartidismo PSOE-PP, acaba por \“falecer\” nestas eleccións pasadas, coa chegada dos denominados por eles mesmos, partidos do cambio, como son PODEMOS, liderado por Pablo Iglesias, un profesor de Universidade, da rama das Ciencias Políticas, e CIUDADANOS, liderado (casi de forma coma un caudillo), por un abogado catalán, Albert Rivera.
Na actualidade e tralos acontecementos desta semana, donde o candidato do Partido Popular, declina ser investido, pasando desta forma o turno de formar gobernó, a segunda lista máis votada, a liderada por Pedro Sánchez e o PSOE, pola falta de entendemento e os pactos.
A política de pactos, tan actual, ven de un par de séculos atrás na nosa historia, concretamente, dende setembro 1876, cando despois do golpe militar (pronunciamento militar) do xeneral Arsenio Martínez Campos, pon fin o periodo coñecido como Sexenio Revolucionario ou Democrático, entregádolle a \“batuta\” do poder a Antonio Cánovas del Castilla, que acaba por conseguir a volta dos borbóns e a restauración da monarquía en España. Durante este periodo, Canovas pacta unha alternancia no goberno, entre conservadores e liberáis, liderados por Práxeres Sagasta. Cando o monarca, Alfonso XII, morre de forma repentina, tras unha enfermidade, firman o chamado pacto do Pardo, no ano 1885, donde cada un dos dous partidos, formarían unha alternancia no goberno de 5 anos. Esta alternancia rómpese, dende 1923, ainda que dende a década anterior xa estaba dando os últimos coletazos, en 1923, o monarca Alfonso XIII, permite o golpe militar e a instauración dunha ditadura, liderada polo xeneral Miguel Primo de Rivera.
Nos anos siguientes, e con outro periodo distinto, concretamente durante a segunda republica, os pactos seguían a orde do día na política do noso país, tanto para aprobar leis de tanta relevancia histórica como a do sufraxio universal femenino (1933), ou para crear bloques ou frentres de partidos que acudirían unidos nas eleccións de Febreiro de 1936, ultimas eleccións da II República.
Polo tanto, a situación actual e a famosa política dos pactos, que tanto oímos e leemos nos medios de comunicación, ven de moito máis atrás.